domingo, 6 de noviembre de 2016
miércoles, 2 de noviembre de 2016
Que pasa coas reválidas?
Ante as dúbidas que suscitou o anuncio da suspensión dos efectos académicos das evaluaciónes finais de ESO e Bacharelato (reválidas) ata acordar un Pacto pola Educación, aclaramos os puntos crave da situación neste momento. Ler toda a información.
domingo, 30 de octubre de 2016
domingo, 23 de octubre de 2016
Preparando o día mundial da Filosofía.
O día 17 de Novembro celébrase dende 2002 o día mundial da filosofía. (Para saber máis preme aquí) e polo tanto no Parga Pondal estamos de festa. Xa estamos preparando as actividades e para que vos vaiades centrándo (sobre todo os/as alumnos/as de 3ºESO) aquí queda este entrante:
miércoles, 19 de octubre de 2016
domingo, 9 de octubre de 2016
Identidade e información.
Lembro un xogo da miña nenez (que
aínda se vende en formato electrónico), chamado Quen é Quen, e que consiste en adiviñar a identidade dun personaxe
misterioso a partir das preguntas que un xogador fai e os datos que o outro
xogador achega sobre el. Isto permite
descartar a outros personaxes coas mesmas características, ata lograr a
identificación.
Este xogo veume á memoria por mor
dun artigo, titulado "O filósofo de Google", sobre o Dr.Luciano
Floridi, profesor de Filosofía e Ética da Información e Director de
Investigación no Instituto da internet da Universidade de Oxford. Nel, exponse
a súa visión do concepto moderno de identidade, que se resume en: Ti es
a túa información. Ler máis
domingo, 2 de octubre de 2016
IV Olimpíada Filosófica de Galicia.
Aínda que para Galicia non temos data, a IV Olimpíada Filosófica de España celebrarase en Murcia, os días 28 e 29 de abril de 2017.
O tema elixido en todas as súas modalidades (disertación
filosófica, dilema moral, fotografía e vídeo) é o seguinte:
NOVAS TECNOLOXÍAS E IDENTIDADE HUMANA
Algunhas cuestións que poderían ser de utilidade para
orientar o tema poden ser:
Poderán os robots
chegar a ser considerados persoas?
Quen es ti na
Rede?
Perdemos ou gañamos a nosa identidade coas novas tecnoloxías?
Perdemos ou gañamos a nosa identidade coas novas tecnoloxías?
É a tecnoloxía un
mecanismo evolutivo?
Cales son os
límites do humano na civilización tecnolóxica?
Do australopithecus ao cyborg?
Pode pensar unha máquina?
Pode vivir unha máquina?Do australopithecus ao cyborg?
Pode pensar unha máquina?
Aqui tes algúns documentos interesantes:
Trailer da película Ex Machine.
Que é a realidade aumentada?
Bioinxeneria e biotecnoloxía.
Sight: unha ficción sobre a realidade aumentada.
Plurality.
Etiquetas:
1º Bacharelato,
2º Bacharelato,
3ºESO,
4º ESO,
Actividades,
Ética e Filosofía do Dereito,
Fotos,
Historia da Filosofía,
Intelixencia emocional,
olimpiada
Suscribirse a:
Entradas (Atom)