Aquí déixovos un enlace ás tenebrosas fotos da obra sobre o mito da caverna en versión actualizada que vivenciamos o pasado venres 13, e do coloquio posterior cos actores, actriz e tecnica de son, tanto co alumnado do Parga como co de Monte Neme. Espero que lle sigades dando voltas ao visto e sentido nesta curiosa experiencia.
miércoles, 18 de enero de 2012
Fotos do Teatro Resoante
Aquí déixovos un enlace ás tenebrosas fotos da obra sobre o mito da caverna en versión actualizada que vivenciamos o pasado venres 13, e do coloquio posterior cos actores, actriz e tecnica de son, tanto co alumnado do Parga como co de Monte Neme. Espero que lle sigades dando voltas ao visto e sentido nesta curiosa experiencia.
domingo, 15 de enero de 2012
PLATÓN DE VISITA NO PARGA
O pasado venres 13 tivemos a ocasión de "pasar e pensar" á performance realizada polo Teatro Resoante no ximnasio do noso instituto, en torno ao mito da caverna de Platón. As caras de asombro de moitos dos asistentes foron a mellor expresión da admiración e descoloque que nos producíu esta intervención teatral. Ao igual que Aristóteles nisto, penso que a admiración é a nai de toda procura de coñecemento, polo que espero que cando menos resultara unha provocación para "pasar e pensar", como nos dicía o Platón da obra.
Moitas grazas a todos e todas pola colaboración e, sobre todo, aos integrantes do Teatro Resoante pola súa iniciativa, creatividade e dedicación.
lunes, 9 de enero de 2012
Filosofía medieval
Como xa vos dixen na clase, para mellorar a nota correspondente á Filosofía medieval, podedes ver algunha das películas que se vos propoñen [El
rey Arturo
(2004), Robin
Hood
(2010), El
reino de los cielos
(2005)] e responder ás seguintes preguntas:
1. Resumo do argumento en 10-15 liñas e ficha técnica da película.
2. ¿En que época se sitúa a película? Busca algunha información ao respecto.
3. ¿En que lugar se sitúa a película? Busca información e pon un mapa do lugar.
4. Describe tres personaxes da película (algún feminino e algún masculino).
5. Propón ti tres preguntas posibles en torno ao argumento da película e indica as respostas.
6. Describe as tres esceas que máis che gustaran.
7. Propón un novo final para a película.
8. Propón un título alternativo para a película e explica por que o elixiches.
9. Realiza unha pequena disertación na que recollas unha reflexión persoal sobre a túa valoración da Idade Media.
10. Comentario persoal (¿Qué che gustou? ¿Qué non? ¿resultouche de fácil visionado? ¿aprendiches algo? ¿atopaches algo sorprendente?...)

*
A realización completa destas cuestións despois do
visionado do filme, subirá ata 0,5
ptos
sobre a cualificación do exame de Filosofía medieval.
Soamente pode facerse traballo de 1
película para dito exame.
-----------
Podedes tamén ler o capítulo correspondente á Idade Media de El mundo de Sofía (de J. Gaardner) e responder ás seguintes cuestións:
- Realiza un esquema que recolla a comparación entre horas e séculos da Idade Media, seguindo as indicacións que se dan neste capítulo.
- A que corrente pertence Plotino? Busca algo de información sobre ela.
- Que é o maniqueísmo? Busca algo de información sobre o mesmo.
- Recolle coas túas palabras o que aprendiches neste capítulo sobre:
-
Cristianismo.
-
Agostiño de Hipona.
-
Árabes en España.
-
Tomé de Aquino.
- Comentario persoal.
* Este traballo sube ata 0,25
ptos
sobre a nota final do exame de Filosofía medieval. A data de entrega é o día do exame deste tema.
Os traballos poden enviarse ao correo electrónico: africa.lopez2@gmail.com
¡¡Bo traballo!!Os traballos poden enviarse ao correo electrónico: africa.lopez2@gmail.com
sábado, 31 de diciembre de 2011
Mercadiño de Comercio Xusto
En decembro, como xa vén sendo case costume, instalamos na entrada do instituto un posto de Comercio Xusto (lembrade que é unha forma de intercambio que promove o respecto aos traballadores e traballadoras de paises en desenvolvemento garantindo unhas condicións laborais xustas). Tamén como nas ocasións anteriores, realizámolo con produtos da ONGD Solidaridade Internacional, a cal garante o cumprimento dos principios do Comercio Xusto neste proceso.
Aproveitamos desde aqui para agradecer ao profesorado colaborador e, sobre todo, aos rapaces e rapazas (de Diurno, Adultos, ESO e Bacharelato) que, co seu entusiasmo e constancia, fixeron posible unha magnífica venta, que superou ás anteriores. Felices festas!

lunes, 19 de diciembre de 2011
Os Dereitos Humanos
Este ano colgamos os trinta Dereitos Humanos na entrada do insti e realizamos un masivo envío de cartas para denunciar varios incumprimentos dos mesmos (en Corea do Norte, Turquía e Siria).
Aquí vos deixo o enlace co sitio web de Amnistía Internacional, no que se explica un pouco sobre a situación nun campo de prisioneiros de conciencia en Corea de Norte, país que tan de actualidade se acaba de poñer pola morte do seu mandatario Kim Jong-il.
Por certo, na biblio temos unha novela gráfica sobre Corea do Norte: Pyongyang, de Guy Delisle, que vos pode interesar.
jueves, 1 de diciembre de 2011
Contra a violencia machista
Pasou o día contra a violencia machista (ou contra a violencia sexista, ou de xénero, ou doméstica, como queira que se lle chame). Foi o venres pasado, o 25 de novembro. Mais o problema das mulleres asasinadas por mor dos estereotipos que sobre as mulleres teñen algúns homes (e gran parte da sociedade con eles), segue aí. Neste ano imos polas 61 (credes que se ese fose o número de mortos por terrorismo estaríamos tan impasibles? acaso é menos grave a forma de matar?).
No xornal de hoxe aparece unha enquisa a Miguel Lorente, Delegado do Goberno para a Violencia de Xénero na que fai unha interesante análise sobre o tema. Podedes lela aquí.
No xornal de hoxe aparece unha enquisa a Miguel Lorente, Delegado do Goberno para a Violencia de Xénero na que fai unha interesante análise sobre o tema. Podedes lela aquí.
miércoles, 16 de noviembre de 2011
Día da Filosofía
No 2005 na Unesco acordaron que o terceiro xoves de novembro de cada ano se celebrase o día Mundial da Filosofía. E niso andamos.
A súa finalidade -dinnos- é animar aos pobos do mundo a compartir a súa herdanza filosófica e abrir as súas mentes a novas ideas, así como a inspirar un debate público entre os intelectuais e a sociedade civil sobre os desafíos que enfronta a nosa sociedade.
Déixovos un enlace cun artigo xornalístico do filósofo Víctor Gómez Pin, no que relaciona este Día da Filosofía cos Dereitos Humanos, en particular co dereito a unha educación entendida como desenvolvemento da personalidade, na que a filosofía ten moito co que contribuir. Pois como nos lembra este autor: "La filosofía tiene sus problemas específicos, archivados en los grandes textos de su historia, pero tales problemas son el resultado de que el ser humano ha experimentado siempre una suerte de estupor ante la naturaleza y ante su propia existencia, estupor que le lleva a interrogarse, traduciendo sus vacilaciones y respuestas en conceptos y símbolos."

Suscribirse a:
Entradas (Atom)