En decembro, como xa vén sendo case costume, instalamos na entrada do instituto un posto de Comercio Xusto (lembrade que é unha forma de intercambio que promove o respecto aos traballadores e traballadoras de paises en desenvolvemento garantindo unhas condicións laborais xustas). Tamén como nas ocasións anteriores, realizámolo con produtos da ONGD Solidaridade Internacional, a cal garante o cumprimento dos principios do Comercio Xusto neste proceso.
Aproveitamos desde aqui para agradecer ao profesorado colaborador e, sobre todo, aos rapaces e rapazas (de Diurno, Adultos, ESO e Bacharelato) que, co seu entusiasmo e constancia, fixeron posible unha magnífica venta, que superou ás anteriores. Felices festas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario