lunes, 19 de diciembre de 2011

Os Dereitos Humanos

Este ano colgamos os trinta Dereitos Humanos na entrada do insti e realizamos un masivo envío de cartas para denunciar varios incumprimentos dos mesmos (en Corea do Norte, Turquía e Siria). 
Aquí vos deixo o enlace co sitio web de Amnistía Internacional, no que se explica un pouco sobre a situación nun campo de prisioneiros de conciencia en Corea de Norte, país que tan de actualidade se acaba de poñer pola morte do seu mandatario Kim Jong-il. 
Por certo, na biblio temos unha novela gráfica sobre Corea do Norte: Pyongyang, de Guy Delisle, que vos pode interesar. 


1 comentario:

  1. Que triste, vergonzoso, o peor é que non pecharán o campo de Yodok, nin ningún dos campos restantes... Non o farán, e xirarán a cara cando lles preguntemos por que non o fixeron. Donde está o ser racional que evolucionou dun animal? Eu sigo vendo ao mono... En fin, terei que poñer lentes...

    ResponderEliminar