jueves, 15 de septiembre de 2016

IV Olimpíada filosófica de Galicia (2016-17)

Xa temos tema para a IV OLIMPÍADA FILOSÓFICA DE GALICIA:



NOVAS TECNOLOXÍAS E IDENTIDADES HUMANAS



 MODALIDADES DE PARTICIPACIÓN
· Haberá cinco modalidades de participación, catro das cales inclúen a participación na Olimpíada Filosófica Estatal. Estas son:


· Disertación Filosófica: Destinada ao alumnado de bacharelato, a proba consistirá en elaborar un que terá unha extensión máxima de catro páxinas, 9.000 caracteres con espazo ou 1.600 palabras, en forma dunha reflexión persoal argumentada sobre o tema a partir da pregunta proposta. Entregarase en formato dixital.

· Dilemas morais: Destinados ao alumnado de 4º de E.S.O, consistirá na resolución dun dilema moral. O obxectivo desta tarefa consiste en que o alumnado ofreza unha solución razoada e argumentada, que terá unha extensión máxima de catro páxinas, 9.000 caracteres con espazo ou 1.600 palabras. Entregarase en formato dixital.

· Certame fotográfico: Dirixido tanto para o alumnado de 4º de E.S.O como de bacharelato, consistirá en reflectir ideas filosóficas a través dunha composición fotográfica realizada ex professo para a Olimpíada, que pode ou non ter sido sometida a programas de tratamento de imaxe. A imaxe debe conter un lema integrado dacordo co tema da fotografía: Que é a beleza?
· Curta de vídeo: Consistirá en elaborar, tamén expresamente para ser presentada na Olimpíada, unha curtametraxe de autoría propia expresando en linguaxe audiovisual ideas filosóficas. A obra deberá durar un máximo de 5 min, e incluir, cando menos, tres elementos media diferentes (texto, son e imaxe...). No video non debe figurar ningún dato que identifique o autor ou a autora, e o nivel ou o centro de ensino. Si, en cambio, débese incorporar unha referencia final á súa presentación á Olimpíada e se faga constar así mesmo o dereito de utilización de todo canto non sexa de autoría propia, como música, imaxes ou fragmentos de vídeo. Calquera incumprimento desta última condición determinará a invalidación da obra presentada. As curtas débense poder visualizar en liña para o que se require a súa publicación en Vimeo ou Youtube e o envío do url ao mail da Olimpíada. Para poder visualizalo en liña requírese a publicación en Vimeo ou Youtube e o envío do url ao mail da Olimpíada.
· A lingua dos textos e parlamentos será o galego. 


martes, 19 de abril de 2016

Forjando Futuros


O pasado mércores trece de abril visitounos un home chamado Gerardo Vega, director dunha ONG chamada Fundación Forjando Futuros (FFF), grazas á súa labor nesta entidade gañou o Premio Nacional da Paz no ano 2012.
Gerardo explicounos a situación de Colombia, por exemplo, dixo que as persoas só gañaban ao mes 3000 pesos, que é a insignificante cifra de un euro. Tamén falou dos métodos que utilizaba a FFF para axudar ás víctimas de asesinatos, desaparición, desprazo forzado e apropiación de terras despois das guerras que houbo en Colombia. A fundación axuda a un número darredor de 15.100 persoas mediante psicólogos, abogados e a sanidade.Para darse a escoitar a FFF emite entrevistas reais ou anuncios na televisión, informando das grandes inxustizas que ocorren en Colombia.
Para poder levar todos os proxectos a cabo, a Fundación Forjando Futuros recibe axudas de ONGs como Educo, que grazas a esta crearon una biblioteca, e algunha de Barcelona, Málaga ou Bilbao coas cales construíronse 100 vivendas para familias que non tiñan donde vivir. Outro proxecto que se levou a cabo foi una pranta de tratamento de auga para 6000 persoas que a necesitaban e non puideron chegar a ela.

Tristemente, hai persoas que non están de acordo con estas axudas e crean grupos contra os proxectos que se levan a cabo nesta ONG, incluso empresas demandaron; enviaron á cárcere e ameazaron de morte a dezasete traballadores, aos cales asasinaron e saíron sen ningún tipo de acusación ou demanda de delito.
Alba Caamaño 3º ESO A

miércoles, 6 de abril de 2016

Natalia e Manuel explican en Radio galega de que vai O mundo que queremos.





Pois si. Contesaron como auténticos profesionais a todas as preguntas que lles fixeron. Para escoitar a entrevista completa preme aqui. Eles falan a partir do minuto 24:04 do programa.

jueves, 31 de marzo de 2016

Óscar na Olimpíada




O día 3 de marzo de 2016 os alumnos e alumnas de  4°ESO A fomos á Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela grazas a que un dos nosos compañeiros, Óscar Varela, foi seleccionado para a final Olimpíada filosófica de Galicia 2016, xunto con tres alumnos/as doutros centros.  Na Olimpíada había varias modalidades de participación: disertación, dilema moral, fotografía e curtametraxe. Óscar participo cun dilema moral.
.
Al chegar a Santiago a clase foi ata a Facultade de Filosofía. Despois dun tempo para almorzar, ás 11:00 foron as presentacións. Oscar foi o ultimo en expoñer. Antes del expuxeron tres rapazas as cales parecían maiores que  Óscar. Cando lle tocou el, expuxo moi ben aínda que nun momento quedou calado, creo que polos nervios,  pero remontou o tempo perdido .
Ao terminar  déronnos unha visita guiada pola facultade , e a súa azotea a cal tiña unhas vistas impresionantes de Santiago, sacámonos moitas fotos . Ao terminar os da televisión entrevistaron a Óscar .
Despois fomos xantar e coñecer a parte vella de Santiago. As 16:00 regresamos a Facultade e vimos unha obra feita polos alumnos e alumnas do IES de Ames sobre o mito da caverna de Platón, Para  terminar unha  houbo un discurso moi bonito sobre a liberdade das persoas
Uns días despois enterrariámonos de que Óscar non gañara . Pero para nos xa era un gañador .

domingo, 6 de marzo de 2016

Finalistas no Club de Debate.

O equipo do IES Parga Pondal logra o seu pase á final do certame escolar Club de Debate

Na proba celebrada onte Narón, os estudantes quedaron segundos


lunes, 8 de febrero de 2016

Que é a beleza?

No Ies Isidro Parga Pondal facemos a nosa intraolimpíada. Métete no papel de crítico ou crítica e elixe as tres fotos que máis che gustan. Faremos unha exposición coas vinte máis votadas. Preme na imaxe para ver as fotos.


jueves, 28 de enero de 2016

Taller de radio: o mundo que queremos

Os alumnos e alumnas do IES Isidro Parga Pondal estamos preparando os nosos borradores para os talleres. Aqui tedes aos radioaficionados/as facendo un esforzo.