O pasado mércores
trece de abril visitounos un home chamado Gerardo Vega, director
dunha ONG chamada Fundación Forjando Futuros (FFF), grazas á súa
labor nesta entidade gañou o Premio Nacional da Paz no ano 2012.
Gerardo explicounos a
situación de Colombia, por exemplo, dixo que as persoas só gañaban
ao mes 3000 pesos, que é a insignificante cifra de un euro. Tamén
falou dos métodos que utilizaba a FFF para axudar ás víctimas de
asesinatos, desaparición, desprazo forzado e apropiación de terras
despois das guerras que houbo en Colombia. A fundación axuda a un
número darredor de 15.100 persoas mediante psicólogos, abogados e a
sanidade.Para darse a escoitar a FFF emite entrevistas reais ou
anuncios na televisión, informando das grandes inxustizas que
ocorren en Colombia.
Para poder levar todos
os proxectos a cabo, a Fundación Forjando Futuros recibe axudas de
ONGs como Educo, que grazas a esta crearon una biblioteca, e algunha
de Barcelona, Málaga ou Bilbao coas cales construíronse 100
vivendas para familias que non tiñan donde vivir. Outro proxecto que
se levou a cabo foi una pranta de tratamento de auga para 6000
persoas que a necesitaban e non puideron chegar a ela.
Tristemente, hai
persoas que non están de acordo con estas axudas e crean grupos
contra os proxectos que se levan a cabo nesta ONG, incluso empresas
demandaron; enviaron á cárcere e ameazaron de morte a dezasete
traballadores, aos cales asasinaron e saíron sen ningún tipo de
acusación ou demanda de delito.
Alba Caamaño 3º ESO A
No hay comentarios:
Publicar un comentario