jueves, 31 de marzo de 2016

Óscar na Olimpíada

O día 3 de marzo de 2016 os alumnos e alumnas de  4°ESO A fomos á Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela grazas a que un dos nosos compañeiros, Óscar Varela, foi seleccionado para a final Olimpíada filosófica de Galicia 2016, xunto con tres alumnos/as doutros centros.  Na Olimpíada había varias modalidades de participación: disertación, dilema moral, fotografía e curtametraxe. Óscar participo cun dilema moral.

Al chegar a Santiago a clase foi ata a Facultade de Filosofía. Despois dun tempo para almorzar, ás 11:00 foron as presentacións. Oscar foi o ultimo en expoñer. Antes del expuxeron tres rapazas as cales parecían maiores que  Óscar. Cando lle tocou el, expuxo moi ben aínda que nun momento quedou calado, creo que polos nervios,  pero remontou o tempo perdido .
Ao terminar  déronnos unha visita guiada pola facultade , e a súa azotea a cal tiña unhas vistas impresionantes de Santiago, sacámonos moitas fotos . Ao terminar os da televisión entrevistaron a Óscar .
Despois fomos xantar e coñecer a parte vella de Santiago. As 16:00 regresamos a Facultade e vimos unha obra feita polos alumnos e alumnas do IES de Ames sobre o mito da caverna de Platón, Para  terminar unha  houbo un discurso moi bonito sobre a liberdade das persoas
Uns días despois enterrariámonos de que Óscar non gañara . Pero para nos xa era un gañador .

domingo, 6 de marzo de 2016

Finalistas no Club de Debate.

O equipo do IES Parga Pondal logra o seu pase á final do certame escolar Club de Debate

Na proba celebrada onte Narón, os estudantes quedaron segundos

lunes, 8 de febrero de 2016

Que é a beleza?

No Ies Isidro Parga Pondal facemos a nosa intraolimpíada. Métete no papel de crítico ou crítica e elixe as tres fotos que máis che gustan. Faremos unha exposición coas vinte máis votadas. Preme na imaxe para ver as fotos.

jueves, 28 de enero de 2016

Taller de radio: o mundo que queremos

Os alumnos e alumnas do IES Isidro Parga Pondal estamos preparando os nosos borradores para os talleres. Aqui tedes aos radioaficionados/as facendo un esforzo.

miércoles, 13 de enero de 2016

O mundo que queremos: arrancan os obradoiros de radio e fotografía

Paula fixovos saltar polas cadeiras, sentarvos no chan,.... viaxar por medio mundo sen sair da Biblioteca. Agora continuamos a viaxe a través das ondas e da luz. Abrochádevos os cintos!

Se queres saber mais, preme na imaxe

lunes, 11 de enero de 2016

2016 é o Ano de Aristóteles, segundo a UNESCO, a 2400 anos do nacimento do filósofo grego.

Durante o 2016 conmemoraranse os 2400 anos do nacemento de Aristóteles, un dos pais da filosofía occidental. Para celebrar o acontecemento, a UNESCO decidiu declarar 2016 como "Ano de Aristóteles". Filósofos máis novos esperan que durante o ano de celebracións atópese definitivamente o libro perdido de Aristóteles sobre a risa, un libro que eloxiaba a vida lixeira, e que tanto molestaría aos conservadores.

O sabio non di todo o que pensa, pero sempre pensa todo o que di.

O noso carácter é resultado da nosa conduta
Aristóteles naceu no ano 384 a.C. en Estaxira, unha pequena localidade macedonia próxima ao monte Athos; da súa poboación natal procede unha designación habitual para referirse ao filósofo: o estaxirita. O seu pai, Nicómaco, era médico da corte de Amintas III, pai de Filipo II de Macedonia e, xa que logo, avó de Alexandro Magno. Nicómaco pertencía á familia dos Asclepíades, que se reclamaba descendente do deus fundador da medicina e cuxo saber transmitíase de xeración en xeración. Aristóteles foi iniciado de neno nos segredos da medicina, e que de aí lle veu a súa afección á investigación experimental e á ciencia positiva. Orfo de pai e nai en plena adolescencia, foi adoptado por Proxeno, ao cal podería mostrar anos despois a súa gratitude adoptando a un fillo seu chamado Nicanor. No ano 367, aos dezasete anos de idade, foi enviado a Atenas para estudar na Academia de Platón.

Para 2016 programáronse eventos en torno á figura de Aristóteles; de entre eles cabo destacar a celebración, entre o 23 e o 28 de maio, do Congreso Mundial Aristóteles, 2400 anos, que se celebrará na Universidade Aristóteles de Tesalónica, na antiga Estaxira e na antiga Mieza. O Congreso conta co apoio da Federación Internacional de Sociedades de Filosofía (FISP), da Academia de Atenas, do Centro de Investigación de Filosofía Grega da Academia de Atenas e da Comisión Nacional Helénica para a UNESCO.

Fonte: http://www.radiodelmar.cl/rdm/2016-es-el-ano-de-aristoteles-segun-la-unesco-a-2400-anos-del-nacimiento-del-filosofo-griego/

domingo, 27 de diciembre de 2015

Olimpíada filosófica de Galicia: unha axuda para a disertación

Estes son algúns materiais que vos poden axudar ou inspirar para facer a vosas disertación. Bótadelle un ollo por se vos instiran ou vos dan argumentos. Pero podedes usar calquera outra fonte:

1.       Onfray, M.: Antimanual de filosofía.

Interesavos o capítulo de estética, El arte, que está na páxina 65.

2.       Unidad apreciación estética

Unha introducción á estética; bruxuleade a ver se vos interesa algo do que plantexa.

3.      Tertulia sobre a beleza, en RTVE