jueves, 9 de diciembre de 2010

Tribus en Carballo

Aqui temos o resultado da primeira investigación antropolóxica sobre as tribus na vila de Carballo. Recoñécese alguén como membro desta tribu? Danos a túa opinión sobre esta caracterización dos skaters.

sábado, 4 de diciembre de 2010

Visita a Aspaber

Para lembrar a visita a Aspaber podedes ver no enlace un video cunhas cantas fotos.
Ademais, recollo aquí uns poucos comentarios dalgúns rapaces e rapazas de 2º ESO A sobre a súa visita a Aspaber, o pasado 11 de novembro. Xa sabedes que ese mesmo día realizaron a visita conxuntamente con 2º B e días máis tarde (23 de novembro) tamén a realizou alumnado de C e D:

"Os alumnos de 2º ESO visitan ASPABER. Todos quedaron abraiados de como persoas con discapacidades poideran facer esas cousas" (Javier); "Alí poideron ver todo o que facían e rir un pouco con eles" (Cristina); "Cando chegamos, fixemos dous grupos para ver como convivían e traballan. Uns lixaban a madeira, outros facían pezas moi bonitas ca escaiola e outros tamén facían os trebellos que hai nos parques... por certo estaban moi atentos e alegres cando nos viron alí mirando para eles" (Tonio); " É moi grande e había moitas seccións. En cada sección facían diferentes cousas. Nunha facían ximnasia... facían escaiolas... había tamén un taller de madeira... noutra axudábanlles a aprender a limpar..." (Lorena); "Tamén en Aspaber teñen unha casa, que se algunha desas persoas non teñen que as coide na casa dormen alí" (Vanesa M.); "Aspaber pareceume un sitio onde fan un labor moi bo, axudándolle a persoas que non se poden valer por si mesmas ou que teñen dificultade para comprender as cousas" (Vanessa F.); "Eu nese día aprendín moito e me gustou ir a visitalo xa que nunca fora" (Samantha), etc.

O inicio de Cidadanía

Inauguramos as entradas para Cidadanía (2º ESO)... deixando na zona de "descargas" unha presentación sobre o primeiro tema, "Relacións persoais", na que se trata sobre que significa ser persoa, a dificultade para coñecerse a un ou unha mesma, etc. Segundo avance o curso, iremos incorporando máis material.
E aquí mesmo, lembrando a peli de Billy Elliot que vimos na clase, e en especial para quen lle guste a música e o baile, propoñémosvos un vídeo sobre o musical que se realizou baseándose neste filme.

lunes, 29 de noviembre de 2010

Homo urbanus


Albricias!!! por fin os de antropoloxía podemos participar no blog. Como xa temos analizadas as tribos de Carballo, nos próximos días colgaremos as vosas entrevistas e as fotografías que fixemos os do grupo do Nocturno das distintas marcas de territorio na nosa zona.

¡A ver que opinan os da mañán, que andar andan por aí e contamos con que aporten a súa visión neste ou outros temas nos que estean investigar!
-----
Lembrade que na
Fundación Atapuerca tedes moitísima información, xogos e actividades cos que podedes ampliar os vosos coñecementos sobre a nosa orixe. Pasádevos por aí, que hai auténticas monadas.


jueves, 25 de noviembre de 2010

Día violencia xénero

64 mulleres mortas en 20 10 (só en España), vítimas do maltrato maiúsculo dos seus supostos compañeiros (de toda idade e condición, como se soe dicir). Ao tempo, sobre todo estes días, moitas voces berrando "¡Non máis!"

..., pero parece insuficiente. A partida xógase, en gran medida, na nosa cotidianeidade; por iso é tan difícil lograr un bo resultado. Mais, somos moitos e moitas as convencidas, de que entre tod@s, outro mundo máis igualitario, máis respectuoso, é posible; depende de nós, cada día.






martes, 16 de noviembre de 2010

Aristóteles, comprensión (2º Bach)

E agora si que nos metemos de cheo no pensamento aristotélico, tanto no referido á realidade (Física e Metafísica) como ao ser humano (Antropoloxía, Ética e Política).

Aristóteles, vida e obra (2º Bach)

Tras a introdución contextual, un pouco sobre a vida e a obra de Aristóteles, o Estaxirita, ou tamén, o peripatético...