miércoles, 18 de enero de 2012

Fotos do Teatro Resoante



Aquí déixovos un enlace ás tenebrosas fotos da obra sobre o mito da caverna en versión actualizada que vivenciamos o pasado venres 13, e do coloquio posterior cos actores, actriz e tecnica de son, tanto co alumnado do Parga como co de Monte Neme. Espero que lle sigades dando voltas ao visto e sentido nesta curiosa experiencia.

domingo, 15 de enero de 2012

PLATÓN DE VISITA NO PARGA

O pasado venres 13 tivemos a ocasión de "pasar e pensar" á performance realizada polo Teatro Resoante no ximnasio do noso instituto, en torno ao mito da caverna de Platón. As caras de asombro de moitos dos asistentes foron a mellor expresión da admiración e descoloque que nos producíu esta intervención teatral. 
Ao igual que Aristóteles nisto, penso que a admiración é a nai de toda procura de coñecemento, polo que espero que cando menos resultara unha provocación para "pasar e pensar", como nos dicía o Platón da obra. 
Moitas grazas a todos e todas pola colaboración e, sobre todo, aos integrantes do Teatro Resoante pola súa iniciativa, creatividade e dedicación. 






lunes, 9 de enero de 2012

Filosofía medieval

Como xa vos dixen na clase, para mellorar a nota correspondente á Filosofía medieval, podedes ver algunha das películas que se vos propoñen [El rey Arturo (2004), Robin Hood (2010), El reino de los cielos (2005)] e responder ás seguintes preguntas:


1. Resumo do argumento en 10-15 liñas e ficha técnica da película.
2. ¿En que época se sitúa a película? Busca algunha información ao respecto.
3. ¿En que lugar se sitúa a película? Busca información e pon un mapa do lugar.
4. Describe tres personaxes da película (algún feminino e algún masculino).
5. Propón ti tres preguntas posibles en torno ao argumento da película e indica as respostas.
6. Describe as tres esceas que máis che gustaran.
7. Propón un novo final para a película.
8. Propón un título alternativo para a película e explica por que o elixiches.
9. Realiza unha pequena disertación na que recollas unha reflexión persoal sobre a túa valoración da Idade Media.
10. Comentario persoal (¿Qué che gustou? ¿Qué non? ¿resultouche de fácil visionado? ¿aprendiches algo? ¿atopaches algo sorprendente?...)

* A realización completa destas cuestións despois do visionado do filme, subirá ata 0,5 ptos sobre a cualificación do exame de Filosofía medieval. Soamente pode facerse traballo de 1 película para dito exame.
-----------
Podedes tamén ler o capítulo correspondente á Idade Media de El mundo de Sofía (de J. Gaardner) e responder ás seguintes cuestións: 
  1. Realiza un esquema que recolla a comparación entre horas e séculos da Idade Media, seguindo as indicacións que se dan neste capítulo.
  2. A que corrente pertence Plotino? Busca algo de información sobre ela.
  3. Que é o maniqueísmo? Busca algo de información sobre o mesmo.
  4. Recolle coas túas palabras o que aprendiches neste capítulo sobre:
- Cristianismo.
- Agostiño de Hipona.
- Árabes en España.
- Tomé de Aquino.
  1. Comentario persoal.
* Este traballo sube ata 0,25 ptos sobre a nota final do exame de Filosofía medieval. A data de entrega é o día do exame deste tema.


Os traballos poden enviarse ao correo electrónico: africa.lopez2@gmail.com
¡¡Bo traballo!!