domingo, 16 de octubre de 2011
MÁTRIX E O MITO DA CAVERNA
Sobre o mito da caverna platónico hai multitude de interpretacións e valoracións. Películas como Mátrix (1999) ou O show de Truman (1998), poden entenderse como recreacións do mesmo ou, cando menos, poden establecerse bastantes similitudes. Déixovos aquí un video no que se presenta un claro paralelismo entre a película de Mátrix e o mito da caverna.
Se queredes penetrar un pouco máis directamente nos diálogos de Platón, podedes visitar o sitio web de aula de filosofía. E se sodes amantes das matemáticas, suxírovos este video sobre o pato Donald e a sección áurea que está bastante ben para ver o papel desta ciencia nos pitagóricos e en Platón.
viernes, 7 de octubre de 2011
XUÍZO A SÓCRATES
A figura de Sócrates, a súa vida e todo o proceso que conducíu á súa morte foi recreado no mundo da arte infinidade de veces. Aquí vos deixo un fragmento da película de O mundo de Sofía, baseada na obra do mesmo título, de Jostein Gaarder (en 1991), no que se recolle o xuízo e condena a Sócrates.
Neste fragmento utilízanse imaxes da película Sócrates, que dirixiu Roberto Rossellini en 1971 e que tamén está accesible na rede.
Espero que o disfrutedes!
domingo, 25 de septiembre de 2011
Primeira parada: PLATÓN
domingo, 18 de septiembre de 2011
INICIAMOS O CURSO...
...coa ilusión de emprender unha nova viaxe, unha nova etapa. Malia a que está caendo sobre o profesorado e a escola pública en xeral, chegamos con renovadas enerxías e uns pouquiños proxectos na maleta. Unha maleta que pretendemos ir enchendo co que vaiamos aprendendo xuntos ao longo deste curso. De todas e todos nós dependerá que cheguemos a facernos unha gran equipaxe abarrotada de prezados coñecementos e experiencias...
jueves, 19 de mayo de 2011
Cry Freedom...
Para quedármonos con bo sabor de boca no fin de curso de EFD (Ética e Filosofía do Dereito), déixovos aquí un bo traballo (un de tantos... :)) dos que se fixeron nesta clase durante o curso. Este é de Ramón Varela, sobre a película Grita liberdade, na que se nos narra a vida do activista antiapartheid Steven Biko.
domingo, 8 de mayo de 2011
De visita en Santiago
Como xa é case costume no noso Departamento, este ano repetimos co alumnado de 1º de Bacharelato a visita ao Parlamento (alí asistimos a unha enconada discusión dos tres grupos parlamentarios en torno aos topónimos en galego). Foi o pasado martes, 3 de maio, á tardiña.
Pola mañá, achegámos a grandiosa (en un pouco desolada) Cidade da Cultura no monte Gaiás. A biblioteca, chulísima e creo que todo o mundo estará de acordo en que a rampa do final foi o máis divertido. Aquí deixamos as fotos que fixemos as profes.

Esperamos que lle teñades sacado proveito a toda a visita.
Pola mañá, achegámos a grandiosa (en un pouco desolada) Cidade da Cultura no monte Gaiás. A biblioteca, chulísima e creo que todo o mundo estará de acordo en que a rampa do final foi o máis divertido. Aquí deixamos as fotos que fixemos as profes.
Esperamos que lle teñades sacado proveito a toda a visita.
jueves, 5 de mayo de 2011
Landra
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

