miércoles, 10 de abril de 2019

Marx, opio e a nosa filosofía



 Xogando coa frase de Marx de "a relixión é o opio  do pobo", pensamos na clase en bastantes variantes como as que vemos aquí ao lado. 

Cada unha ten a súa propia explicación e aquí deixamos para que cadaquén reflexione sobre os metafóricos opios (adormecedores que nos fan soñar e ao tempo esquecer a realidade) seguindo as pegadas deste filósofo-economista-sociólogo-historiador.

Marx pronuncia esta frase cando fai crítica á alienación relixiosa, que deriva da fundamental alienación económica, como ben sabemos ;)

domingo, 7 de abril de 2019

Irene, o Circulo feminista e o seu Manifesto feminista en Carballo




O pasado 8 de Marzo a alumna Irene Loureiro, integrante do Círculo Feminista de Carballo leu parte das razóns polas que saimos as calles a manifestarnos. Aquí tendes unha parte da súa intervención.

Bravo por Irene!!

sábado, 6 de abril de 2019

Manifiesto voluntario.

Esta é a portada orixinal coa que publicou a primeira edición do Manifiesto comunista, escrito por Marx e Engels en 1848. Preme nela para ver as cuestións do traballo voluntario pa Historia da Filosofía.

sábado, 23 de marzo de 2019

O alumnado de cultura clásica no teatro.


Pois si, alá fomos. Tivemos a grandísidma sorte de que a SEECGalicia organiza Festival de Teatro grecolatino. Grazas a esta asociación e á compañía de teatro do IES Ramón Menéndez Pidal, Noite Bohemia   puidemos disfrutar da representación de As Bacantes, de Eurípides, pola maña e xa pola tarde Anfitrión, de Plauto.
Todos e todas quedamos namorados dos personaes, das intrigas, dos deuses.....e dos actores!!!


martes, 19 de marzo de 2019

La vida sexual de Immanuel Kant - Bully Magnets



Un curso máis o noso instituto participou na Olimpíada Filosófica de Galicia. Trátase dunha iniciativa que propón o fomento e a defensa da filosofía nestes tempos en que tan minguada se está vendo. Ademais fomenta o uso do pensamento crítico dentro do noso sistema educativo traballando a competencia dixital, a capacidade de aprender analizando textos, producindo contidos temáticos moi estreitamente relacionados co mundo do alumnado.

Nesta ocasión fíxeronnos reflexionar sobre o tema Realidade e apariencia na actualidade. E de novo Chelsea González Besada, de segundo de Bacharelato, quedou clasificada para a final autónomica coa súa curtametraxe Afterlife. Chelsea acudiu á cita na Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela onde, acompañada polos seu compañeiors e compañeiras de clase, fixo una defense moi interesante e concienzuda do seu traballo. E aínda que o nivel dos traballos presentados nesta convocatoria foi moi alto, Chelsea acadou o segundo premio na Olimpiada. Todos e todas no instituto damoslle a noraboa e estamos moi orgullosos dela - sobre todo a súa profesora de filosofía, Beatriz Cuesta-.

Esta clasificación permitirá á alumna participar na Olimpiada nacional que se celebrará en Málaga durante o mes de abril.

Parabéns a toda a comunidade educativa pola cooperación!!!.