O obxectivo do Teatro da Oprimida xoga con un conxunto de exercicios, xogos e
técnicas teatrais que serven como instrumento
eficaz na comprensión e a procura de alternativas para problemas sociais e
interpersoais. O seu obxectivo é transformar ao espectador/a en protagonista da
acción dramática, estimulándoo a reflexionar sobre o pasado, transformar a
realidade no presente e inventar un futuro , segundo Augusto Boal, o seu
creador.
Aproveitando que contan
coa colaboración da compañía teatral 100 tolas, “O mundo que queremos” volveu o
mércores á actividade co taller teatral. Os/as alumnos/as participantes
asistiron a xogos e a escenificación dun caso real que retrata as condicións a
que se ven sometidos os traballadores que veñen de fóra en busca das
oportunidades que non atopan nos seus países de orixe. Para isto, metéronse no
papel da protagonista para así visualizar as distintas posibilidades que unha
situación dese tipo podería presentar se cuestións como os dereitos
fundamentais básicos e a falta de prexuízos estiveran máis presentes na nosa
realidade cotiá.
No hay comentarios:
Publicar un comentario