domingo, 27 de diciembre de 2015

Olimpíada filosófica de Galicia: unha axuda para a disertación

Estes son algúns materiais que vos poden axudar ou inspirar para facer a vosas disertación. Bótadelle un ollo por se vos instiran ou vos dan argumentos. Pero podedes usar calquera outra fonte:

1.       Onfray, M.: Antimanual de filosofía.


Interesavos o capítulo de estética, El arte, que está na páxina 65.

2.       Unidad apreciación estética


Unha introducción á estética; bruxuleade a ver se vos interesa algo do que plantexa.

3.      Tertulia sobre a beleza, en RTVE

martes, 8 de diciembre de 2015

Outra Constitución.


Constitución de Uzupis


O 1 de abril de 1997, coincidindo co Día dos Inocentes no mundo anglosaxón, o pequeno barrio de Vilna, capital de Liyuania,  autodeclarouse independente. Cada aniversario, pecha o seu acceso polas pontes e o 'Exército da República' sela os pasaportes da xente que queira cruzar o río e dar unha volta polo distrito. Mirade a súa Constitución:


Art. 1. Todos teñen dereito a vivir preto do río Vilnelé e o río Vilnelé ten dereito a fluír preto de todos.
Art. 2. Todos teñen dereito a auga quente, á calefacción no inverno e a un tellado.
Art. 3. Todos teñen dereito a morrer, pero non é a súa obriga.
Art. 4. Todos teñen dereito a equivocarse.
Art. 5. Todos teñen dereito a ser únicos .
Art. 6. Todos teñen dereito a amar.
Art. 7. Todos teñen dereito a non ser amados, pero non necesariamente.
Art. 8. Todos teñen dereito a ser insignificantes e descoñecidos.
Art. 9. Todos teñen dereito a ser preguiceiros e a non facer nada.
Art. 10. Todos teñen dereito a amar e protexer un gato.
Art. 11. Todos teñen dereito a coidar dun can ata que un dos dous morra.
Art. 12. Un can ten dereito a ser un can.
Art. 13. Un gato non está obrigado a amar ao seu dono, pero débelle axudar nos momentos difíciles.
Art. 14. Todos teñen dereito a non saber de cando en vez que teñen obrigas.
Art. 15. Todos teñen dereito a dubidar, pero non é a súa obriga.
Art. 16. Todos teñen dereito a ser felices.
Art. 17. Todos teñen dereito a ser infelices.
Art. 18. Todos teñen dereito a gardar silencio.
Art. 19. Todos teñen dereito a ter fe.
Art. 20. Ninguén ten dereito a usar a violencia.
Art. 21. Todos teñen dereito a darse conta da súa irrelevancia e da súa grandeza.
Art. 22. Ninguén ten dereito a usurpar a eternidade.
Art. 23. Todos teñen dereito a comprender.
Art. 24. Todos teñen dereito a non comprender nada.
Art. 25. Todos teñen dereito a ter varias nacionalidades.
Art. 26. Todos teñen dereito a celebrar ou a non celebrar os seus aniversarios.
Art. 27. Todos teñen a obriga de lembrar o seu nome.
Art. 28. Todos poden compartir o que posúen.
Art. 29. Ninguén pode compartir o que non posúe.
Art. 30. Todos teñen dereito a ter irmáns, irmás e pais.
Art. 31. Todos poden ser libres.
Art. 32. Todos son responsables da súa liberdade.
Art. 33. Todos teñen dereito a chorar.
Art. 34. Todos teñen dereito a ser incomprendidos.
Art. 35. Ninguén ten dereito a botarlle a culpa ao outro.
Art. 36. Todos teñen dereito a ser subxectivos.
Art. 37. Todos teñen dereito a non ter ningún dereito.
Art. 38. Todos teñen dereito a non ter medo.
Art. 39. Non venzas .
Art. 40. Non te defendas
Art. 41. Non te rendas.

viernes, 4 de diciembre de 2015

Olimpíada filosófica 2015-16



Consulta aquí as bases da olimpíada filosofica deste curso. Tamén podes ver no enlace os exercicios das distintas modalidades seleccionados outros anos.

jueves, 3 de diciembre de 2015

Construíndo o mundo que queremos



Hoxe imos darlle a palabra a dúas compañeiras vosas de 3º ESO, Lucía e Angela, que xunto a Natalia e Ana (4ºESO) e Yadira (3º ESO) participaron na primeira reunión de todos e todas os pirados que asistimos ao obradoiro. Pero, mellor, cóntano elas:


Queridos lectores: 
Somos Ángela e Lucía, dúas alumnas de terceiro do IES Isidro Parga Pondal, as cales tivemos a oportunidade de participar nun proxecto chamado " O mundo que queremos". O venres día 27 de Novembro embarcámonos nunha experiencia na cal reunímonos varios institutos para charlar sobre os distintos aspectos a traballar durante o proxecto. Realizamos tamén varias actividades para conocernos mellor entre nós, nas cales incluímos: recoller información sobre os nosos novos compañeiros (instituto, gustos,desexos...), realizamos debuxos sobre os nosos institutos e escribimos unha carta individual para o noso futuro redactando os nosos desexos e metas a cumplir. 
Tamén prometemos reunirnos en varias ocasións máis as cales estamos esperando con moita ansia para ver de novo os amigos que grazas a este proxecto fixemos. Un saúdo das vosas compañeiras: 
       Lucía Souto e Ángela Iglesias

lunes, 30 de noviembre de 2015

O universal agobio de 2º de Bacharelato con música


Os alumnos do IES Carlos Bousoño, Manuel Pico e Iván Alvaralcides gravaron a versión oficial da súa Canción de 2º de Bacharelato que tiveron a ocasión de presentar no acto de gradación de final de curso. Envíanlle a toda a comunidade educativa a súa mensaxe  confiando en que todos os que vivisen a experiencia vexan reflectidas as contrariedades do devandito curso neste vídeo (e os que esteis niso vos riades un pouco). 





martes, 24 de noviembre de 2015

Lo científicamente bello


Por Andrea Slachevsky, neuróloga, autora de “Cerebro cotidiano”, experta de Hay Mujeres.

¿Es posible una ciencia de la belleza? Dos investigadores han dominado la disciplina llamada neuroestética. V. S. Ramachandran ha postulado una serie de leyes universales de la estética. Semir Zeki, con un enfoque diferente, ha investigado los correlatos neurobiológicos de la percepción de lo bello. Leer más.

domingo, 22 de noviembre de 2015

Xa elexiches a túa modalidade para participar na Olimpíada filosófica de Galicia?

Xa a elexiches? Podes participar en mais dunha. Lembra as que son:




E para ir dándoche algunha idea, aquí tes unha montaxe fotográfica feita co programa GIMP que é moi sinxelo de utilizar e, ademáis, gratuito:


sábado, 31 de octubre de 2015

O mundo que queremos

Parabéns aos alumnos e alumnas de 3º e 4º ESO e ás súas profesoras!!! Fomos seleccionados para participar na actividade O mundo que queremos.

Participan connosco outros catro centos:
- IES Urbano Lugrís ( A Coruña)
- IES FERNANDO WIRTZ ( A Coruña)
- CPI TOURAL ( Vilaboa, Pontevedra)
- CPI Aurelio Marcelino Rey García ( Cuntis, Pontevedra)

Comezaremos esta edición tendo un encontro entre os organizadores, o profesorado que imos participar e como vós sodes os auténticos protagonistas pois estades invitados/as. Temos que mirar quen de vos vai facer de representante.

O encontro ten varios obxectivos:
- Que nos coñezamos todos e todas.
- Coñecer con mais profundidade o proxecto e que é iso da educación para o desenvolvemento.
- Coñecer as vosas inquedanzas con respecto ao proxecto, coñecer os vosos centros,…
- Socializar con vos a axenda dos obradoiros do proxecto

Aínda que a data non está fixada, vai ser entre o 26 e o 28 de Novembro.

Aqui queda a páxina web para ter mais información: http://omundoquequeremos.org

martes, 15 de septiembre de 2015

Curso 2015-16

Empezamos forte, coa III Olimpíada Galega de Filosofía. Xa temos as os temas para poder ir dandolle voltas ao asunto. O comité organizador da Olimpíada Filosófica de Galicia comunicounos que a Olimpíada Filosófica de Galicia terá lugar o xoves 4 de marzo en Santiago de Compostela. Os temas deste ano son: 1. Disertación: Que é a beleza? 2. Fotografía: Que é a beleza? 3. Dilemas morais: Que responsabilidade temos fronte aos animales? 4. Video ¿Perdedores? En breves teremos as bases concretas! Unha aperta e animádevos!

miércoles, 10 de junio de 2015

FINALISTAS DO CONCURSO ELPAISDELOSESTUDIANTES !!!!!!!!!!! BEN FEITO!!!!!!!!!!!!!!!!!

Hai imaxes que valen moito. Imaxes como esta:
Aínda que o remataron polos pelos, ahi queda un traballo ben feito. Preme aqui se queres disfrutarco xornal. E para que teñades claro -se sodes capaces de recoñecelos e recoñecelas-quen as e os merecedores deste Tercer posto autonómico, aqui tedes outra imaxe interesante:
Asi da gusto¡¡¡¡¡

jueves, 4 de junio de 2015

CUALIFICACIÓNS DE 4º ESO

A lista da xente que teña que recuperar estará lista mañá pola mañá. Se alguén ten algo aínda sen presentar, que aproveite e o mande. Un saúdo.

miércoles, 6 de mayo de 2015

Unha comisión de expertos e expertas reúnense en 4ºESO para falar da prevención da delincuencia en Carballo

Fartos de que soamente se mencione a Carballo nos medios para relacionalo coa delincuencia, un grupo de expertos, despois de reflexionar un anaco, ofrecennos as súas receitas para tentar solucionar as cousas. Vexamos o que propoñen no enlace (preme na imaxe)

https://drive.google.com/file/d/0ByKt_AQEqw8qcG1OeHJGVzBZZ3c/view?usp=sharing

martes, 5 de mayo de 2015

CONCURSO EN 4º ESO: DELINCUENCIA VERSUS MACHISMO

O pasado día 5 de Maio os alumnos e alumnas de 4º ESO fixeron un concurso no que demostraron os seus coñecementos sobre o machismo e a prevención da delincuencia en Carballo. Demostraron tamén a súa capacidade de improvisar e de colaborar entre eles. Este é o resultado, espero que vos guste. Preme na cabaza Ruperta para ver o vídeo.

https://drive.google.com/file/d/0ByKt_AQEqw8qUnVFRHBsUnZlR1U/view?usp=sharing

domingo, 19 de abril de 2015

Sobre a Ilustración.


As novas ideas: progreso, educación, ou iluminación, humanidade, civilización e natureza.


Entendemos por Ilustración o período comprendido entre a revolución inglesa (1688) e a revolución francesa (1789). A Ilustración non é propiamente un movemento filosófico, nin representa unha corrente filosófica determinada, senón que é un movemento cultural, unha época con unhas características moi concretas.

A razón autónoma rexeita toda tutela pero require un punto de referencia. Centrarase, por unha banda, no estudo da natureza. A tradición cartesiana, aínda que criticada duramente, sobrevive en Francia contribuíndo á elaboración de concepcións filosóficas sobre a realidade, aínda que admitindo a imposibilidade de coñecer a esencia das causas. A tradición inglesa, fóra dos deístas, foi máis fiel á influencia do empirismo.
En Francia, a inspiración de Newton levounos a considerar que a súa mecánica, era
definitiva. Pero aínda que Newton recoñecía a Deus en últirna instancia, os centíficos do século XVIIl cren realmente que non é necesario recorrer a Deus para elaborar unha explicación do mundo. Por isto, a ciencia ilustrada está en condicións de declara a autonomía do mundo respecto da hipótese divina así como antes proclamara a autonomía da razón. Pódense describir así, dúas correntes no pensamento da Ilustración francesa:

O Materialismo (A Mettrie, Holbach) parte dunha concepción mecaniscista da natureza, na que todo explícase polo movemento das partículas materiais sen que este movemento requira causa transcendente algunha. Todos os movementos son flsicos e mecánicos. O materialismo da Ilustración ten ante todo unha intencionalidade ética e social xa que postula unha Natureza que debe ser guía para o home, desplanzando asi o lugar que antes ocupara a relixión, a cal aparece como inimiga da natureza en tanto que a atopa culpable da introdución da superstición e a violencia.

O Naturalismo. Mentres que o mecanicismo estrito negábase a admitr a existencia de forzas na materia e referíase exclusivamente aos movementos, para o naturalismo non só se consideran as forzas na materia, senón que mesmo se chega admitir que poderia tratarse de forzas vivas, non só mecánicas.

Pero á marxe de certas diferenzas conceptuais, tanto materialistas como naturalistas consideran que a Natureza é unha instancia última de referencia e ambalas correntes opoñen o concepto de natureza ao de civilización.

O concepto ilustrado de civilización significa modernizar abolindo as formas primitivas. A Modernidade, desde os seus centros históricos, difundese cara a toda a terra na súa pretensión universalizadora de integrar aos países máis afastados. En síntese, na concepción ilustrada a civilización europea propicia a oposición entre natureza e cultura, pobos cultos e "incultos", por tanto o vello continente era o berce da cultura e da civilización, considerando algúns pobos máis desenvolvidos que outros, en tanto que os outros pobos son catalogados e etiquetados como atrasados e inclusive como bárbaros ou salvaxes. Por isto a importancia da educación.

O pensamento ilustrado ten un carácter pedagóxico xa que se encamiña á difusión do saber e á creación dun novo tipo de home: un home crítico e libre. Desde esta
perspectiva subliñan os defectos da educación recibida e dos fimdamentos da mesma. Para os ilustrados, estupidez, bobada, tolemia...... son consecuencia dunha mala
educación. O home, mediante a educación, pode alcanzar potencialidades insospeitadas. Estas potencialidades enriquécense e desenvolvense por e para a sociedade, pois non se concibe a felicidade individual se non é unida á felicidade social. A Ilustración fai súa esa idea da procura da felicidade desde termos seculares: a felicidade non hai que buscala no máis aló, senón no máis acó. A procura da felicidade individual tense de conxugar coa de todos. O instrumento para facer realidade esa aspiración é a educación e instrución, o coñecemento e a difusión das Luces.
A educación permanece antes do século XVIII no ámbito do “espazo do privado” pero a nova mentalidade vincula a felicidade social á educación, e esta a un proxecto global. Así a educación converteuse en pedra de toque deste novo modelo. O ser human chega a ser o que é algo pola educación laica, racionalista e crítica, baseada nas facultades hmnanas e na observación da naturaza.
Este paso da barbarie á civilización posibilitado pola educación, da ignorancia ao saber, da tiranía á liberdade constitúe o progreso, característica que define a concepción da concepción historia dos ilustrados. O progreso da ciencia e da cultura chegará a eliminar todasuperstición e fanatismo e levará ao establecemanto dunha sociedade libre, xusta e igualitaria.










sábado, 28 de febrero de 2015

A pregunta de Alba.

No traballo sobre a vixencia de Aristóteles na actualidade, Alba Varela, co fin revolver e revolver ata dar coa información que busca , plantexa esta pregunta aos seus entrevistados:
O científico Stephen Hawking consegue cada día mais sabedoría aínda estando gravemente enfermo, cres que pode ser feliz? É un xeito audaz de plantexar unha cuestión teórica a partires de un exemplo ben buscado, obriganos a pensar e introduce de golpe na nosa mente un feixe de variables contradictorias. Gostaríame saber que pensades vos.




Finalmente reproduzo un breve fragmento onde Alba reflexiona sobre o concepto e o uso que hoxe facemos ou temos do térmo política:


Do termo política ou dos seus derivados oímos falar todos os días. Na vida cotidián está máis presente a política que a ética. Para Aristóteles a política é a continuación social da ética, é a búsqueda do ben supremo na polis e do mellor goberno para ela, igual que a ética, para Aristóteles, a política é unha ciencia práctica. Na sociedade actual, como xa dixen, un dos temas de tertulia máis habituais é a política ou derivados, por iso cabe esperar que as persoas que se someteron a miña enquisa tiveran moi claro o termo; pero non é de todo así pois algúns teñen unha visión de que é algo bo pero mal utilizado, outros de que é algo malo, e tamén os hai que conseguen ir máis alo do que hoxe lle chamamos política cando me responden que é unha ciencia ou certas explicacións que van por ese camiño.
Quizais a orixe da visión distorsionada que temos cara a política veña do feito de que se fala demasiado dela sen saber realmente o que é, quedamonos só co que vemos ou oímos sen indagar máis. Algúns si están de acordo co que dicía Aristóteles máis ou menos, aínda que ninguén lle encontrou relación coa ética, mentres que outros deixanse levar polos prexuízos e quédanse só co que ven sen investigala máis ou parecelles un termo tan abstracto como usado polo que non saben definila.
 

A pirámide de Maslow e Aristóteles

Abraham Maslow, psicólogo estadounidense do século XX,  na súa obra A Theory of Human Motivation de 1943 expón unha teoría das necesidades humanas coñecida como a piramide de Maslow. Este psicólogo defende que conforme se satisfán as necesidades máis básicas, na parte inferior da pirámide, os seres humanos progresan cara ao desenvolvemento de necesidades e desexos máis elevados, na parte superior da pirámide. 
Dende a persectiva filosófica poderíamos darlle unha volta e buscarlle relación co concepto de autorrealización ou felicidade do eudemonismo de ética aristotélica, meta que atoparíamos na cúspide da pirámide de Maslow. Poderiamos establecer certo paralelismo entre a ética de autoperfeccionamento e a psicoloxía humanista de crecemento persoal.



 

Debemoslle esta suxestión a Paula Pose de 2º de Bacharelato, quen a recolle no seu traballo sobre a vixencia actual do aristotelismo.
Un saúdo.

jueves, 5 de febrero de 2015

GRUPOS SELECCIONADOS PARA A SEGUNDA FASE DE CONSUMÓPOLIS.

Empezamos por 3ª da Eso, por aquelo de que son máis pequenos:
                                                                          
Equipo: OP.  Puntos: 1700
Equipo: FBPCN. Puntos: 1406
Equipo: ALVAL.  Puntos: 1616
Equipo: NIKEAIR. Puntos: 1592
                       
                         
                         



Agora tócalle a 4ºESO
Equipo: ATÚN. Puntos:1741
Equipo: DESPISTADOS.  Puntos: 896 
Equipo: CASTANA. Puntos:1404
                         
      

Felicitacións para todos e todas e ánimo na segunda fase do concurso!!!!             

domingo, 18 de enero de 2015

ÉTICA E POLÍTICA ARISTOTÉLICA, segundo Lara Pallas.

A investigadora Lara Pallas, de 2º Bach. A, despóis de facer o traballo de campo e de gabinete, ofrécenos nesta presentación unha boa introducción á Ética e Política aristotélica. 

Preme na imaxe para vela:

http://prezi.com/xillaf1rtvro/?utm_campaign=share&utm_medium=copy&rc=ex0share




martes, 13 de enero de 2015

II OLIMPÏADA DE FILOSOFÏA

O primeiro prazo que debedes ter en conta é agora en xaneiro, do 12 ao 19 para realizar vos no voso centro as probas de preselección para as modalidades de disertación e dilemas morais escollendo 1 traballo de cada 10 ou fracción. Para a corrección destas probas mándovos adxuntas as rúbricas que as empreguedes. 
Lembrade que as probas requiren de certas formalidades.
- Duración: 90 min
- Temas concretos
. Disertación (Natureza e cultura. Que nos fai ser o que somos?. Preséntanse os seguintes subtemas a título indicativo para orientar a preparación: ¿A técnica humanízanos ou nos deshumaniza? ¿Agresividade natural ou violencia cultural? ¿É a cultura a nosa segunda natureza? ¿Pode a nosa vontade superar os límites da natureza? ¿Canto hai de natural e de cultural nas diferenzas de xénero e na identidade sexual?)

jueves, 8 de enero de 2015

Aristóteles: Semellanzas e diferencias

ARISTÓTELES: relacións con outros pensadores*

Semellanzas
Diferenzas

Teoría hilemórfica
  1. A kínesis ou cambio. Principios do cambio
  • Con Heráclito, en tanto que ambos queren explicar o mundo como unha realidade cambiante.
  • Con Tomé de Aquino, o cal retomará toda a súa explicación da natureza (Física).
  • Cos empiristas e toda a nova ciencia moderna, pola importancia concedida ao empírico e á natureza en movemento.
  • de Platón e Parménides, posto que a estes non lles interesa explicar o cambio.
  • de todos os filósofos de corte idealista ou racionalista (Agostiño de Hipona, Descartes), porque desprezan a explicación do sensible.


Teoría hilemórfica

  1. A teoría causal
  • Cos filósofos de tipo empirista polo intento de explicar de forma completa a realidade observada a través dos sentidos.
  • Con Tomé de Aquino, o cal retomará toda a súa explicación da natureza (Física).
    (...)
  • Da nova ciencia moderna, en tanto que esta deixará de lado as causas formal e final, quedándose só coas causas material e eficiente.
  • Dos atomistas (presocráticos), que defenden que non se pode explicar o por que ou para que último das cousas. Isto é, rexeitarían as causas formal e final.
Teoría hilemórfica
  1. Xerarquía dos seres e modos de ser
  • Cos empiristas, e Tomé de Aquino, igual que nas anteriores.
  • Con Kant, polo seu intento de establecer categorías últimas ordenadoras e explicativas da realidade natural.

  • De Platón e os filósofos idealistas ou racionalistas, que desprezan os intentos de explicación do captado a través dos sentidos.

Teoría hilemórfica

4. O motor inmóbil
  • Con Tomé de Aquino, que retomará as explicacións aristotélicas da natureza e identificará o Primeiro motor inmóbil co Deus dos cristiáns.
  • Pode atopárselle certa semellanza co Demiurgo de Platón, ou co Nous de Anaxágoras, en tanto que principio explicativo último e racional da realidade. (...)
  • Da nova ciencia moderna, en tanto que esta non pretenderá ir máis alá dos datos dos sentidos, e só pretende describir a natureza sen buscar explicacións últimas.
    (...)
ARISTÓTELES: relacións con outros pensadores*

Semellanzas
Diferenzas


    A idea de cidadán
    5. Ética aristotélica...
  • Cos filósofos da antigüidade e do medievo en xeral (ata Maquiavelo, no Renacemento), que entenden a ética como moi ligada á política.
  • Con Sócrates e Platón, en tanto que cren nun ben (e verdade) absoluto.
  • Con Tomé de Aquino, o cal retomará gran parte da súa explicación da ética.
(...)
  • de Platón na seu concepto de ser humano, xa que este o entende como unha unión accidental entre corpo e alma, mentres que Aristóteles fala dunha unión esencial entre os mesmos. Así mesmo, diferénciase de Platón na súa idea de alma, xa que este afirma a preexistencia e inmortalidade das almas individuais e Aristóteles non.
  • De Platón, que tiña unha concepción moi teórica da ética, mentres que para Aristóteles é un saber práctico.
  • Dos sofistas, que mantiñan que o ben era relativo.
  • De Tomé de Aquino, en tanto que este identificará as virtudes intelectuais (dianoéticas) coa búsqueda e coñecemento de Deus. E ademais nas clases de virtudes, Tomé engadirá as virtudes teologais.
  • De Kant, que presenta unha ética formal, en tanto que a de Aristóteles, como todas as anteriores a Kant son éticas materiais (con contido). (...)

A idea de cidadán

    6. Idea de polis ...
  • Cos filósofos da antigüidade e do medievo en xeral (ata Maquiavelo, no Renacemento), que entenden a ética como moi ligada á política.
  • Con Platón na importancia concedida á polis e á cidadanía, así como ao concepto de xustiza. Tamén se asemella no desprezo á democracia, aínda que Aristóteles é máis moderado neste aspecto.
  • Con Marx, pola importancia concedida ao carácter social do ser humano. (...)
  • De Platón, xa que este fala fundamentalmente dunha polis e cidadán ideais, mentres que para Aristóteles a política é un saber práctico.


* De forma xeral, en todas as cuestións poden poñerse as semellanzas e diferenzas relacionadas coa crítica de Aristóteles á teoría platónica das ideas.

domingo, 4 de enero de 2015

FELIZ SESIÓN DE CINE NO 2015.

Feliz 2015!!!!



Para non ser menos que algúns compañeiros e compañeiras de 1º de bacharelato teñen gañas de empezar con forza e xa me pediron a lista de películas para os traballos desta avaliación, pois non quedou outra que facer unha entrada -é broma, eu encantada de facela- con as posiblidades que vos propoño.

En primeiro lugar, imos traballar un pouco co tema de natureza e cultura:

- El pequeño salvaje, película francesa dirixida en 1970 por François Truffat. Ten unha duración de 85 min. Basease nuns feitos reais no século XVIII e narra os acontecementos xerados apartir do momento en que alguén atopa un rapaz que semella ter crecido aislado nun bosque.


- El enigma de Kaspar Hauser. Cine de autor outra vez. Trátase dunha película rodada en Alemania en 1974. Dura un pouco mais que a outra (110 min.) e é mais lenta. Tanto o seu director, Werner Herzog, como o seu protagonista, Bruno S., teñen unhas vidas dignas de filmes de aventuras. Tamén neste caso a historia baseasenun caso real dun rapaz que aparece misteriosamente na plaza da cidade e que semella ter crecido de xeito aislado nun pequeno espazo.




Se o preferides podes facer algún traballo inrorductorio sobre as diferentes teorías éticas as que imos aproximarnos durante este curso. Aqui tedes un enlace a unha  páxina onde fala destas películas para que lle votedes unha ollada; é moi interesante e útil. Preme aqui para ir á páxina.

Como podedes ver no enlace, as películas propostas son:
- Para introducirnos un pouco na ética de Sócrates, Doutor House. Para ver mais preme onde di Hacia la virtud por el conocimiento na páxina do enlace.
- Alejandro Magno, de Oliver Stone, para ver que nos di Aristóteles. Preme onde di La felicidad por el camino del medio na páxina do enlace.
- Hanna y sus hermanas de Woody Alen para acercarnos á ética de Epicuro se Samos. Neste caso  preme onde di En busca del placer perdido na páxina do enlace.
- Amelie para o emotivismo de David Hume. Para saber mais preme onde di Sobre el sentimiento de simpatía na páxina do enlace.
- Master and comander. Al otro lado del mundo para o utilitarismo de John Stuart Mill. Para saber mais preme onde di La moral utilitarista al otro lado del mundo na páxina do enlace.

 Cando teñades decidido que vos apetece facer falade comiga para ver como o plantexamos o traballo.

Un saúdo e benvidos ao novo ano.