domingo, 4 de junio de 2017

sábado, 15 de abril de 2017

A viaxe a Atapuerca cada vez da máis voltas.



Este curso os alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato e os profes  de economía, arte e filosofía fomos a Atapuerca por un camiño distinto: por Bilbao.

En primeiro lugar visitamos, como xa ven sendo costume, o parque de Cabárceno. Mirade as fotos para que vexades a maravilla que alí atopamos.

O día seguinte visitamos o Guggehiem onde disfrutamos da inolvidable exposición de Jackson Pollok. A continuación, na Bolsa, explicaronnos as bondades de sacar á venda en bolsa as empresas. Así que xa sabedes.

E a xoia da conona quedou, coma sempre, para o final: O museo da evolución e Atapuerca. Aínda que despois tivemos tempo para marear un pouco por Burgos.

lunes, 3 de abril de 2017

A interesantísima visita de Rosaura e Marleni da República Dominicana.



O pasado xoves 30 de Marzo, Rosaura e Marleni visitaron o noso centro para falar da situación da muller no seu país.
Por unha parte falaron do proxecto que levan a cabo para informar sobre medidas anticonceptivas.O principal problema é que teñen que loitar contra os prexuízos culturais que afectan as rapazas novas que queren exercer a súa sexualidade con responsabilidade. Hai que ter en conta que na República Dominicana o aborto está prohibido pola lei e, por cuestións ideolóxicas ou relixiosas, a xente en xeral non o acepta.

Explicáronnos tamén os problemas que hai ca auga e a pobreza. Ás veces teñen que recorrer ata 5 km de distancia para recoller grandes cantidades de auga que gardan nas casas en tanques. A asociación de Marleni e Rosaura trata de ensinarlles como manter a limpeza do tanque para que non se propague o mosquito, e evitar así a propagación de enfermidades contaxiosas. Isto é vital xa que as comunicacións aos hospitais non son boas. Ademáis incide tamén na alta mortandade infantil.

Describiron os bateyes, que son comunidades que se formaron en torno á explotación da caña de azúcar, para que os traballadores produciran máis. As condicións de vida alí son moi duras:
-Vivendas que en principio estaban construídas para un só traballador son agora para unha familia de ata 10 persoas.
-Con moita sorte, varias vivendas comparten unha mesma letrina. Isto, sumado ao feito da escasez de auga deriva nun potencial problema de propagación de enfermidades.
-Os bateyes están divididos en distritos. En cada distrito hai unha colaboradora que vai polas barracas desparasitando, informando ás mulleres dos métodos anticonceptivos, poñendo vacinas...

Moitas gracias e moitos ánimos ás dúas!!!!


                                             3º ESO- B e D

lunes, 27 de marzo de 2017

Son os deberes convenientes para á nosa educación?



Xa tes claro o que pensas sobre o asunto? Poderias convencerme de que tes razón?. Este é o tema sobre o que versou o Club de debate deste curso 2017 e xa podes ver como defenderon as distintas opinións os teus compañeiros e compañeiras de 1º de Bacharelato.

Partido Pondaliano: Os deberes escolares SI son convenientes para a nosa educación. Preme aquí para escoitar a Candela e Sergio de 1º A.

Xuvengalia: Os deberes escolares SI son convenientes para a nosa educación. Preme aquí para escoitar a Andrea e Alba de 1º B.

Partido Pondaliano: Os deberes escolares NON son convenientes para a nosa educación. Preme aquí para escoitar a Valeria e Alex de 1º A.

Xuvengalia: Os deberes escolares NON son convenientes para a nosa educación. Preme aquí para escoitar a Andrea e Alba de 1º B.

viernes, 24 de marzo de 2017

Os niños que aprenden filosofía son mellores en matemáticas e inglés


O STEM está a pegar forte (ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas), e as materias de letras puras están a se converter en montañas de datos para gañar unha partida ao Trivial Pursuit e pouco máis. Con todo, á luz dun novo estudo, isto non parece ser do todo certo.

Ler mais

Final Intercentros Xadrez


Ler mais

jueves, 23 de febrero de 2017

Olimpiada filosófica de Galicia 2017

Do australopithecus ao cyborg. Ise foi o tema sobre o que fixeron a súa disertación na Olimpíada filosófica de Galicia deste ano os alumnos e alumnas seleccionados para participar. Este curso participan 17 centros de toda Galicia na modalidade de disertación. Moita sorte a todos!


Os alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato (Sergio Martínez, Alba Campos, Elvira Añón, Alba Pereira, Iría Rodríguez, Andrea Varela, Natalia Álvarez e Emma Varela) na estación do tren, camiño da Facultade de Filosofía.