sábado, 22 de noviembre de 2014

miércoles, 19 de noviembre de 2014

CONSUMÓPOLIS.

Aqui tedes en imaxes como rexistrarvos na actividade.
1. Ir á paxina http://www.consumopolis.es/

Preme onde pon entrar. Elixe o idioma.

2. Se aínda non estades rexistrado en grupo, preme onde pon rexistro Cando a profesora ou profesor teña todo cuberto e envie a solicitude, podes pasar a 1º Fase.

3. Ao entrar en 1º Fase, tes que rexistrarte co teu nick e contrasinal persoal. A profesora ou profesor recibirá unha mensaxe no seu correo para autorizar que concurses. Mentras non teña isto feito non podes empezar a diseñar o teu avatar.

OBXETIVO DO MILENIO 2015

Para empezar a introducirvos no asunto do Comercio xusto e responsable no marco dos obxectivos do Milenio 2015, podedes ver este video sobre o que imos traballar mais trade co concurso de Consumópolis econ con Solidadidade Internacional. Lembrade que temos o primeiro obradoiro con esta ong o xoves 25 de Novembro. Preme no seguinte texto:

E aqui tesdes un vídeo que explica de xeito divertido e claro que é o comercio xusto:
 

lunes, 10 de noviembre de 2014

II OLIMPIADA FILOSOFICA.





Xa está aberta a convocatoria para participar na II Olimpiada filosófica e ten pinta de vir para quedarse, aínda que os tempos semellan ser difíciles para á filosofía. Podes preguntarlles ao veteranos de que vai (María, Laura e Alejandro de 2º Bac.) que seguro que vos dan unha versión interesante do asunto.  Póñovos  aqui o enlace por se queres ver as bases e modalidades deste curso.

sábado, 8 de noviembre de 2014

MITOS E PERSONAXES GREGOS.

Aqui tedes os enlaces a algúns mitos de Platón e a unha pista sobre personaxes gregos con ideas e biografías mais que interesantes.



MITOS
PERSONAXES DA FILOSOFÍA PROSCRITA.
 Visita a ASPABER 2014-15

Como xa levamos facendo hai anos, este curso os alumnos e alumnas de 2ª ESO fixemos unha visita, en realidade dúas, aos nosos amigos de Aspaber, que foron tan amables conosco como sempre. Na espera de que cheguen ao blog as impresións da visita podedes ir vendo a curtametraxe coa que nos recibiron. Títúlase Cuerdas e acaba de gañar o premio Goya. O seu director  é español, chámase Pedro Solís e declarou que a curtametraxe está inspirada nos seus fillos, Alejandra e Nicolás. A eles e á súa esposa Lola, dedicou o premio que recibiu. Nicolás, de nove anos, ten unha minusvalía declarada do 81%. Segundo o director, o personaxe de María está inspirado en Alejandra; fisicamente non se parecen, pero o seu espírito, si.