lunes, 29 de noviembre de 2010

Homo urbanus


Albricias!!! por fin os de antropoloxía podemos participar no blog. Como xa temos analizadas as tribos de Carballo, nos próximos días colgaremos as vosas entrevistas e as fotografías que fixemos os do grupo do Nocturno das distintas marcas de territorio na nosa zona.

¡A ver que opinan os da mañán, que andar andan por aí e contamos con que aporten a súa visión neste ou outros temas nos que estean investigar!
-----
Lembrade que na
Fundación Atapuerca tedes moitísima información, xogos e actividades cos que podedes ampliar os vosos coñecementos sobre a nosa orixe. Pasádevos por aí, que hai auténticas monadas.


jueves, 25 de noviembre de 2010

Día violencia xénero

64 mulleres mortas en 20 10 (só en España), vítimas do maltrato maiúsculo dos seus supostos compañeiros (de toda idade e condición, como se soe dicir). Ao tempo, sobre todo estes días, moitas voces berrando "¡Non máis!"

..., pero parece insuficiente. A partida xógase, en gran medida, na nosa cotidianeidade; por iso é tan difícil lograr un bo resultado. Mais, somos moitos e moitas as convencidas, de que entre tod@s, outro mundo máis igualitario, máis respectuoso, é posible; depende de nós, cada día.






martes, 16 de noviembre de 2010

Aristóteles, comprensión (2º Bach)

E agora si que nos metemos de cheo no pensamento aristotélico, tanto no referido á realidade (Física e Metafísica) como ao ser humano (Antropoloxía, Ética e Política).

Aristóteles, vida e obra (2º Bach)

Tras a introdución contextual, un pouco sobre a vida e a obra de Aristóteles, o Estaxirita, ou tamén, o peripatético...

Aristóteles, marco histórico (2º Bacharelato)

Pasamos a Aristóteles, o discípulo crítico de Platón. Entramos de cheo no que lle distancia de Platón (no plano ontolóxico e epistemolóxico), e logo tratamos un pouco sobre o seu tempo e o que lle segue; isto último moi marcado pola figura de Alexandre Magno.


Para ambientarse, xa sabedes que recomendo ver a película Alejandro Magno (Oliver Stone, 2004), da que vos deixo aquí o trailer:


lunes, 15 de noviembre de 2010

Preguntas filosóficas (1º Bach)

Deixovos aquí o segundo tema, acerca dos grandes interrogantes filosóficos.

E para que vos entreteñades un pouco con algunhas ilusións ópticas máis indícovos algúns enlaces de entre os moitos posibles: ilusiones ópticas, portalmix, psicoactiva, ilusionario ... Tamén hai cousas moi chulas en youtube como ilusiones ópticas, Julian Beever, ilusionesopticas 2, etc. Que o disfrutedes!

domingo, 14 de noviembre de 2010

Relativismo moral (Ética e Filosofía do Dereito)

Neste segundo tema adentrámonos na historicidade e diversidade dos códigos morais de diferentes épocas e culturas para logo profundizar nas súas formas de lexitimación. Noutras palabras, imos intentar poñernos na pel doutros adoptando novas perspectivas e, se cadra, dese modo poderemos afacernos con novos instrumentos para coñecernos un pouco mellor.