jueves, 23 de febrero de 2017

Olimpiada filosófica de Galicia 2017

Do australopithecus ao cyborg. Ise foi o tema sobre o que fixeron a súa disertación na Olimpíada filosófica de Galicia deste ano os alumnos e alumnas seleccionados para participar. Este curso participan 17 centros de toda Galicia na modalidade de disertación. Moita sorte a todos!


Os alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato (Sergio Martínez, Alba Campos, Elvira Añón, Alba Pereira, Iría Rodríguez, Andrea Varela, Natalia Álvarez e Emma Varela) na estación do tren, camiño da Facultade de Filosofía.

O grupo de teatro 100 tolas e o de teatro da oprimida para 3º ESO.

O obxectivo do Teatro da Oprimida  xoga con un conxunto de exercicios, xogos e técnicas teatrais que  serven como instrumento eficaz na comprensión e a procura de alternativas para problemas sociais e interpersoais. O seu obxectivo é transformar ao espectador/a en protagonista da acción dramática, estimulándoo a reflexionar sobre o pasado, transformar a realidade no presente e inventar un futuro , segundo Augusto Boal, o seu creador.
Aproveitando que contan coa colaboración da compañía teatral 100 tolas, “O mundo que queremos” volveu o mércores á actividade co taller teatral. Os/as alumnos/as participantes asistiron a xogos e a escenificación dun caso real que retrata as condicións a que se ven sometidos os traballadores que veñen de fóra en busca das oportunidades que non atopan nos seus países de orixe. Para isto, metéronse no papel da protagonista para así visualizar as distintas posibilidades que unha situación dese tipo podería presentar se cuestións como os dereitos fundamentais básicos e a falta de prexuízos estiveran máis presentes na nosa realidade cotiá.

domingo, 19 de febrero de 2017

As curtas da Olimpíada Filosófica de Galicia.

Xa están rematadas e enviadas a Santiago. Moita sorte a todos e todas!

Que pasaría?













Para ver a curta preme aqui.


Maldita tecnoloxía.












Para ver a curta preme aqui


Elixe ser ti mesmo.













Preme aqui para ver a curta.


As dúas caras dunha moeda












Preme aqui para ver a curta.


Amigo, videoxogo













Preme aqui para ver a curta.


A influencia das novas tecnoloxías












Preme aqui para ver a curta

sábado, 11 de febrero de 2017

Karl Marx y Friedrich Engels chegan ás salas de cine en xuño de 2017


No 2017, o director Raoul Peck traerá aos cinemas a película O mozo Marx, sobre a mocidade do Karl Marx alemán. A locación sucedería en 1844, cando Marx coñécese con Friedrich Engels, o fillo dun industrial que escribiu un estudo sobre as malas condicións de traballo dos traballadores británicos. Os dous forman unha asociación para discutir temas de actualidade do día, onde se terminan sufrindo a represión policial.
No elenco da película ten Auguste Diehl (Karl Marx) coñecido por facer Malditos bastardos, Stefan Konarske (Engels) e Vicky Krieps (Jenny). A película ten a data do estreno internacional o 15 de xuño do 2017.

- Vinicius Bitelo / casadocinema.com