domingo, 18 de enero de 2015

ÉTICA E POLÍTICA ARISTOTÉLICA, segundo Lara Pallas.

A investigadora Lara Pallas, de 2º Bach. A, despóis de facer o traballo de campo e de gabinete, ofrécenos nesta presentación unha boa introducción á Ética e Política aristotélica. 

Preme na imaxe para vela:

http://prezi.com/xillaf1rtvro/?utm_campaign=share&utm_medium=copy&rc=ex0share




martes, 13 de enero de 2015

II OLIMPÏADA DE FILOSOFÏA

O primeiro prazo que debedes ter en conta é agora en xaneiro, do 12 ao 19 para realizar vos no voso centro as probas de preselección para as modalidades de disertación e dilemas morais escollendo 1 traballo de cada 10 ou fracción. Para a corrección destas probas mándovos adxuntas as rúbricas que as empreguedes. 
Lembrade que as probas requiren de certas formalidades.
- Duración: 90 min
- Temas concretos
. Disertación (Natureza e cultura. Que nos fai ser o que somos?. Preséntanse os seguintes subtemas a título indicativo para orientar a preparación: ¿A técnica humanízanos ou nos deshumaniza? ¿Agresividade natural ou violencia cultural? ¿É a cultura a nosa segunda natureza? ¿Pode a nosa vontade superar os límites da natureza? ¿Canto hai de natural e de cultural nas diferenzas de xénero e na identidade sexual?)

jueves, 8 de enero de 2015

Aristóteles: Semellanzas e diferencias

ARISTÓTELES: relacións con outros pensadores*

Semellanzas
Diferenzas

Teoría hilemórfica
  1. A kínesis ou cambio. Principios do cambio
  • Con Heráclito, en tanto que ambos queren explicar o mundo como unha realidade cambiante.
  • Con Tomé de Aquino, o cal retomará toda a súa explicación da natureza (Física).
  • Cos empiristas e toda a nova ciencia moderna, pola importancia concedida ao empírico e á natureza en movemento.
  • de Platón e Parménides, posto que a estes non lles interesa explicar o cambio.
  • de todos os filósofos de corte idealista ou racionalista (Agostiño de Hipona, Descartes), porque desprezan a explicación do sensible.


Teoría hilemórfica

  1. A teoría causal
  • Cos filósofos de tipo empirista polo intento de explicar de forma completa a realidade observada a través dos sentidos.
  • Con Tomé de Aquino, o cal retomará toda a súa explicación da natureza (Física).
    (...)
  • Da nova ciencia moderna, en tanto que esta deixará de lado as causas formal e final, quedándose só coas causas material e eficiente.
  • Dos atomistas (presocráticos), que defenden que non se pode explicar o por que ou para que último das cousas. Isto é, rexeitarían as causas formal e final.
Teoría hilemórfica
  1. Xerarquía dos seres e modos de ser
  • Cos empiristas, e Tomé de Aquino, igual que nas anteriores.
  • Con Kant, polo seu intento de establecer categorías últimas ordenadoras e explicativas da realidade natural.

  • De Platón e os filósofos idealistas ou racionalistas, que desprezan os intentos de explicación do captado a través dos sentidos.

Teoría hilemórfica

4. O motor inmóbil
  • Con Tomé de Aquino, que retomará as explicacións aristotélicas da natureza e identificará o Primeiro motor inmóbil co Deus dos cristiáns.
  • Pode atopárselle certa semellanza co Demiurgo de Platón, ou co Nous de Anaxágoras, en tanto que principio explicativo último e racional da realidade. (...)
  • Da nova ciencia moderna, en tanto que esta non pretenderá ir máis alá dos datos dos sentidos, e só pretende describir a natureza sen buscar explicacións últimas.
    (...)
ARISTÓTELES: relacións con outros pensadores*

Semellanzas
Diferenzas


    A idea de cidadán
    5. Ética aristotélica...
  • Cos filósofos da antigüidade e do medievo en xeral (ata Maquiavelo, no Renacemento), que entenden a ética como moi ligada á política.
  • Con Sócrates e Platón, en tanto que cren nun ben (e verdade) absoluto.
  • Con Tomé de Aquino, o cal retomará gran parte da súa explicación da ética.
(...)
  • de Platón na seu concepto de ser humano, xa que este o entende como unha unión accidental entre corpo e alma, mentres que Aristóteles fala dunha unión esencial entre os mesmos. Así mesmo, diferénciase de Platón na súa idea de alma, xa que este afirma a preexistencia e inmortalidade das almas individuais e Aristóteles non.
  • De Platón, que tiña unha concepción moi teórica da ética, mentres que para Aristóteles é un saber práctico.
  • Dos sofistas, que mantiñan que o ben era relativo.
  • De Tomé de Aquino, en tanto que este identificará as virtudes intelectuais (dianoéticas) coa búsqueda e coñecemento de Deus. E ademais nas clases de virtudes, Tomé engadirá as virtudes teologais.
  • De Kant, que presenta unha ética formal, en tanto que a de Aristóteles, como todas as anteriores a Kant son éticas materiais (con contido). (...)

A idea de cidadán

    6. Idea de polis ...
  • Cos filósofos da antigüidade e do medievo en xeral (ata Maquiavelo, no Renacemento), que entenden a ética como moi ligada á política.
  • Con Platón na importancia concedida á polis e á cidadanía, así como ao concepto de xustiza. Tamén se asemella no desprezo á democracia, aínda que Aristóteles é máis moderado neste aspecto.
  • Con Marx, pola importancia concedida ao carácter social do ser humano. (...)
  • De Platón, xa que este fala fundamentalmente dunha polis e cidadán ideais, mentres que para Aristóteles a política é un saber práctico.


* De forma xeral, en todas as cuestións poden poñerse as semellanzas e diferenzas relacionadas coa crítica de Aristóteles á teoría platónica das ideas.

domingo, 4 de enero de 2015

FELIZ SESIÓN DE CINE NO 2015.

Feliz 2015!!!!



Para non ser menos que algúns compañeiros e compañeiras de 1º de bacharelato teñen gañas de empezar con forza e xa me pediron a lista de películas para os traballos desta avaliación, pois non quedou outra que facer unha entrada -é broma, eu encantada de facela- con as posiblidades que vos propoño.

En primeiro lugar, imos traballar un pouco co tema de natureza e cultura:

- El pequeño salvaje, película francesa dirixida en 1970 por François Truffat. Ten unha duración de 85 min. Basease nuns feitos reais no século XVIII e narra os acontecementos xerados apartir do momento en que alguén atopa un rapaz que semella ter crecido aislado nun bosque.


- El enigma de Kaspar Hauser. Cine de autor outra vez. Trátase dunha película rodada en Alemania en 1974. Dura un pouco mais que a outra (110 min.) e é mais lenta. Tanto o seu director, Werner Herzog, como o seu protagonista, Bruno S., teñen unhas vidas dignas de filmes de aventuras. Tamén neste caso a historia baseasenun caso real dun rapaz que aparece misteriosamente na plaza da cidade e que semella ter crecido de xeito aislado nun pequeno espazo.




Se o preferides podes facer algún traballo inrorductorio sobre as diferentes teorías éticas as que imos aproximarnos durante este curso. Aqui tedes un enlace a unha  páxina onde fala destas películas para que lle votedes unha ollada; é moi interesante e útil. Preme aqui para ir á páxina.

Como podedes ver no enlace, as películas propostas son:
- Para introducirnos un pouco na ética de Sócrates, Doutor House. Para ver mais preme onde di Hacia la virtud por el conocimiento na páxina do enlace.
- Alejandro Magno, de Oliver Stone, para ver que nos di Aristóteles. Preme onde di La felicidad por el camino del medio na páxina do enlace.
- Hanna y sus hermanas de Woody Alen para acercarnos á ética de Epicuro se Samos. Neste caso  preme onde di En busca del placer perdido na páxina do enlace.
- Amelie para o emotivismo de David Hume. Para saber mais preme onde di Sobre el sentimiento de simpatía na páxina do enlace.
- Master and comander. Al otro lado del mundo para o utilitarismo de John Stuart Mill. Para saber mais preme onde di La moral utilitarista al otro lado del mundo na páxina do enlace.

 Cando teñades decidido que vos apetece facer falade comiga para ver como o plantexamos o traballo.

Un saúdo e benvidos ao novo ano.