lunes, 19 de febrero de 2018

CARBALLO INTERPLAY PREMIO AO PROXECTO DE WEBSERIE EN GALEGO 2018

V Festival de Contidos Dixitais 



OBXECTO 
O Carballo Interplay, na súa V edición, que terá lugar en Carballo do 4 ao 7 de abril de 2018, convoca o premio a proxectos de webserie en galego, que ten por obxectivo a incentivación e o fomento da creación e a difusión de contidos audiovisuais orixinais en lingua galega en internet. 

CARACTERÍSTICAS DOS PROXECTOS 
Os proxectos presentados a este premio deben estar referidos á creación de contidos audiovisuais que han reunir as seguintes características básicas: 
-Deben ser creacións audiovisuais propias e orixinais.
-Poden ser de imaxe real, animación, stop motion, técnica combinada, etc. 
-As creacións audiovisuais deben estar pensadas para seren publicadas e difundidas a través de internet e mediante capítulos, episodios ou partes (como mínimo tres). 
-Non hai ningún tipo de restrición de temática, xénero, estilo, nin persoas destinatarias, sempre que non conteñan ningún tipo de contido ofensivo contra ninguén. 
-Deben ser gravadas orixinalmente en galego e esta debe ser a lingua do seu título e créditos. 

PREMIO
O premio ten unha dotación económica de 1.500 euros e deberá destinarse exclusivamente á produción de, polo menos, tres vídeos da webserie do proxecto premiado. O premio estará suxeito ás posibles retencións fiscais que a lei estableza. 

PRAZO 
Poderán presentarse proxectos dende a publicación das bases ata o 18 de marzo de 2018. 

DOCUMENTACIÓN REQUERIDA 
Os/as solicitantes deberán enviar ao enderezo electrónico direccion@carballointerplay.com, e indicando no asunto do correo "Proxecto de webserie en galego", a seguinte documentación nun arquivo en formato pdf. 
-Historial profesional do/a solicitante, persoa, entidade ou produtora. 
-Sinopse do proxecto (máximo 1 páxina). 
-Memoria explicativa do proxecto (máximo 5 páxinas). 
-Guión definitivo do primeiro capítulo. 
-Calendario da produción. 
-Currículo do equipo técnico e artístico. 
-Plan de comunicación e presenza en RRSS.
-Ligazón a teaser visual da webserie. 
-Calquera outra documentación que o/a solicitante considere pertinente para a mellor defensa do proxecto. 

PROXECTOS FINALISTAS
O comité de selección nomeado para o caso escollerá os proxectos finalistas. Os/as responsables dos proxectos finalistas terán que defender o seu proxecto facendo un piching nun tempo máximo de 15 minutos ante os/as membros do xurado específico para esta convocatoria, coa intención de convencer da calidade, orixinalidade, necesidade e viabilidade do proxecto. O xurado poderá facer preguntas para coñecer mellor o proxecto presentado. O piching será aberto ao público e terá lugar dentro da programación do festival. 

XURADO ESPECÍFICO 
O xurado específico estará composto por persoas de recoñecida capacidade dos ámbitos do audiovisual, da creación en rede e da normalización lingüística, un representante do Concello de Carballo e un representante do equipo directivo do festival. O xurado específico publicarase na páxina web do festival. Valorarase a creatividade e a orixinalidade da proposta, a calidade creativa e audiovisual e o impacto favorable para a posta en valor do galego, así como a súa viabilidade de cara á produción. O Concello de Carballo resérvase o dereito de deixar deserto o premio no caso de non concorreren a concurso un mínimo de tres proxectos finalistas. O proxecto de webserie premiada farase público o día da gala de entrega de premios do festival. Cando menos un/ha dos/as representantes de cada proxecto finalista deberá estar presentes na devandita gala. 

OBRIGAS DO/A BENEFICIARIO/A 
Polo menos tres vídeos da serie web resultante deberán estar finalizados para ser estreados na VI Edición do Festival CARBALLO INTERPLAY. O resultado da webserie premiada deberá axustarse ao proxecto presentado. A webserie debe estar rodada en VO galego. Nos títulos de crédito iniciais da produción deberá figurar en cartón único: “Co apoio do Concello de Carballo e do Festival Carballo Interplay”. Na documentación do proxecto (materiais de promoción e distribución) e nos títulos de crédito da produción resultante, páxina web, etc., farase constar que recibiu o premio a proxecto de webserie en galego do festival CARBALLO INTERPLAY. O Concello de Carballo facilitará os logotipos pertinentes. Os/as beneficiarios/as danlle a autorización expresa ao Concello de Carballo para a utilización da produción subvencionada co obxecto da súa sociabilización nas actividades de promoción e difusión que corresponden. 

DEREITOS DE EXHIBICIÓN 
Ao enviaren os materiais a concurso os/as titulares/as están a declarar implicitamente seren os/as propietarios/as e estaren autorizados/as para utilizar todos os dereitos sobre a música, vídeo e efectos que figuran na webserie. O festival non se fará responsable das reclamacións que xurdan do incumprimento dos/as creadores/as ou produtoras que presenten unha webserie de non posuír axeitadamente os dereitos sobre o material que envíe. 

ACEPTACIÓN DAS CONDICIÓNS 
A presentación de proxectos ao premio implican a aceptación destas bases.

jueves, 15 de febrero de 2018


Sin problemas é unha curtametraxe realizada integramente por profesores/as e alumnos/as de Educación Secundaria, ningún dos cales ten unha relación profesional co mundo do cinema. Foi rodado entre maio e setembro de 2012, dirixido polos profesores Diego Quella e Israel Cardador, e protagonizado por Laura García, Alejandro Tostado, Rosa Tamurejo e David Rivera. A banda sonora é unha creación orixinal de José Luis Palacios para a curtametraxe.

A rodaxe tivo lugar en Olivenza (Badaxoz) e na cidade de Badaxoz, e estreouse en novembro de 2012 en Badaxoz.



miércoles, 14 de febrero de 2018

Ubuntu: eu son porque nós somos

 Ubuntu é a actitude mental prevaleciente entre os nativos africanos que viven ao sur do Sahara, e xorde do devandito popular umuntu, nigumuntu, nagamuntu que en zulú significa unha persoa é unha persoa por mor dos demais, humanidade cara a outros ou ben son porque nós somos.
Para entendelo mellor mira o vídeo.