Mostrando entradas con la etiqueta Ética 4º. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ética 4º. Mostrar todas las entradas
martes, 12 de febrero de 2019
Axenda 2030 para o desenvolvemento sostible
Xa empezamos a traballar coa Axenda 2030. Aínda que Roberto Mallo xa nos falara dela, non esta de máss darlle un repaso antes de que @s de Solidariedade Internacional veñan facer os obradoiros con nós. Ímos darlle unha volta a eso da Axenda 2030 da man de Ecoloxía Verde.
Ler máis.
miércoles, 6 de abril de 2016
Natalia e Manuel explican en Radio galega de que vai O mundo que queremos.
Pois si. Contesaron como auténticos profesionais a todas as preguntas que lles fixeron. Para escoitar a entrevista completa preme aqui. Eles falan a partir do minuto 24:04 do programa.
miércoles, 6 de mayo de 2015
Unha comisión de expertos e expertas reúnense en 4ºESO para falar da prevención da delincuencia en Carballo
Fartos de que soamente se mencione a Carballo nos medios para relacionalo coa delincuencia, un grupo de expertos, despois de reflexionar un anaco, ofrecennos as súas receitas para tentar solucionar as cousas. Vexamos o que propoñen no enlace (preme na imaxe)
sábado, 22 de noviembre de 2014
Algo sobre a segunda fase de Consumópolis.
Este é o cartel gañador na fase nacional 2013-14 na modalidade 1º e 2º da ESO:
E este o de 3º e 4º:
Aqui tedes enlaces a información sobre a evolución do consumo, que vos poden axudar a facer o voso traballo:
Como era a tecnoloxía hai trinta anos.
Documental comprar-tirar-comprar.
Tecnoloxías dos 80.
30 Aniversario da lei do consumidor.
Os dereitos dos consumidores.
Historia das cousas.
miércoles, 19 de noviembre de 2014
CONSUMÓPOLIS.
Aqui tedes en imaxes como rexistrarvos na actividade.
1. Ir á paxina http://www.consumopolis.es/
Preme onde pon entrar. Elixe o idioma.
2. Se aínda non estades rexistrado en grupo, preme onde pon rexistro Cando a profesora ou profesor teña todo cuberto e envie a solicitude, podes pasar a 1º Fase.
3. Ao entrar en 1º Fase, tes que rexistrarte co teu nick e contrasinal persoal. A profesora ou profesor recibirá unha mensaxe no seu correo para autorizar que concurses. Mentras non teña isto feito non podes empezar a diseñar o teu avatar.
1. Ir á paxina http://www.consumopolis.es/
Preme onde pon entrar. Elixe o idioma.
2. Se aínda non estades rexistrado en grupo, preme onde pon rexistro Cando a profesora ou profesor teña todo cuberto e envie a solicitude, podes pasar a 1º Fase.
3. Ao entrar en 1º Fase, tes que rexistrarte co teu nick e contrasinal persoal. A profesora ou profesor recibirá unha mensaxe no seu correo para autorizar que concurses. Mentras non teña isto feito non podes empezar a diseñar o teu avatar.
OBXETIVO DO MILENIO 2015
Para empezar a introducirvos no asunto do Comercio xusto e responsable no marco dos obxectivos do Milenio 2015, podedes ver este video sobre o que imos traballar mais trade co concurso de Consumópolis econ con Solidadidade Internacional. Lembrade que temos o primeiro obradoiro con esta ong o xoves 25 de Novembro. Preme no seguinte texto:
E aqui tesdes un vídeo que explica de xeito divertido e claro que é o comercio xusto:
viernes, 13 de abril de 2012
Unha clase gañadora!!
Veñen de comunicarnos que a clase de 4º A recibiu dous premios (nada menos) na categoría de fotografías do concurso TECENDO HISTORIAS DE MULLER, convocado pola ONGD Solidaridade Internacional. Os premiados son:
- Anxo Pensado Moreira, con "As mulleres tamén gañan":
- Sara Cerviño, Guadalupe Rama e Gema Lage, con "Di stop á violencia de xénero":
Noraboa!! O premio consistirá na publicación das fotos (xuntos aos demais relatos e fotos gañadores) nun libro que recollerá as historias de muller que son destinatarias dos proxectos de cooperación que ten en marcha Solidaridade Internacional de Galicia que serán novelados por escritoras e escritores galegos.
Podedes comentar no facebook de Tecendo historias de muller.
- Anxo Pensado Moreira, con "As mulleres tamén gañan":
- Sara Cerviño, Guadalupe Rama e Gema Lage, con "Di stop á violencia de xénero":
Noraboa!! O premio consistirá na publicación das fotos (xuntos aos demais relatos e fotos gañadores) nun libro que recollerá as historias de muller que son destinatarias dos proxectos de cooperación que ten en marcha Solidaridade Internacional de Galicia que serán novelados por escritoras e escritores galegos.
Podedes comentar no facebook de Tecendo historias de muller.
domingo, 25 de marzo de 2012
Día mundial da auga.
O pasado xoves celebrouse unha xornada mási doDía Mundial da Auga. Cada ano por estas datas invitase aos diferentes Estados a dedicar este día ao tema con actividades concretas para o fomento da conciencia pública.
Esta celebración é coordinada pola Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura FAO. Este ano o tema será o da relación da auga e a seguridade alimentaria. Para o que programaronse tres eventos internacionaies importantes: o Foro Mundial da Auga, o Día Mundial e a semán Mundial do Auga. Todos abordarán as relaciones entre a auga e mais a producción de alimentos.
Porén, unha parte da cidadanía preocupada polo tema e excluída do foro celebra nas mesmas datas un foro alternativo que se chama asi precisamente: Foro Alternativo Mundial del Agua.
lunes, 6 de febrero de 2012
Paz, pax, paix, peace, eirene, mir...
Por certo, a foto do canciño está dedicada a Puri; seguro que ela podería explicitar perfectamente a relación entre a non violencia e os animais, como Gandhi..., pero aquí só se trata de facerlle un pequeno agarimo.
domingo, 23 de octubre de 2011
AS MÚLTIPLES INTELIXENCIAS
Como seguramente víchedes nas noticias, acaban de conceder o Premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociais a HOWARD GARDNER (1943-...). Este neurólogo é o autor da teoría das intelixencias múltiples, na que afirma que a intelixencia humana non é única (isto é, non é só lóxica matemática, que é o que miden os test de intelixencia). Define a intelixencia como a capacidade de resolver problemas ou elaborar produtos que sexan valiosos nunha ou máis culturas. Cada individuo -dinos- posúe cando menos 8 habilidades cognoscitivas (primeiramente falou de sete intelixencias, e logo foi sumando outros tipos).
Influiu moito en DANIEL GOLEMAN, de quen falamos na última clase de Ética, un psicólogo estadounidense que escribiu a difundida obra "Inteligencia emocional" (1995), na que desenvolve dous dos tipos de intelixencia de que fala Gardner: a intelixencia intrapersoal (capacidade do individuo para coñecerse a si mesmo, analizarse...) e a interpersoal (capacidade empática, de entender aos demais, poñerse no seu lugar...).
Como doadamente se pode deducir, esta teoría é de gran relevancia para enfocar as prácticas educativas e de aprendizaxe.
Déixovos un enlace a un video no que se recolle unha entrevista con Gardner, na que el mesmo explica a súa teoría.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)











