lunes, 3 de abril de 2017

A interesantísima visita de Rosaura e Marleni da República Dominicana.



O pasado xoves 30 de Marzo, Rosaura e Marleni visitaron o noso centro para falar da situación da muller no seu país.
Por unha parte falaron do proxecto que levan a cabo para informar sobre medidas anticonceptivas.O principal problema é que teñen que loitar contra os prexuízos culturais que afectan as rapazas novas que queren exercer a súa sexualidade con responsabilidade. Hai que ter en conta que na República Dominicana o aborto está prohibido pola lei e, por cuestións ideolóxicas ou relixiosas, a xente en xeral non o acepta.

Explicáronnos tamén os problemas que hai ca auga e a pobreza. Ás veces teñen que recorrer ata 5 km de distancia para recoller grandes cantidades de auga que gardan nas casas en tanques. A asociación de Marleni e Rosaura trata de ensinarlles como manter a limpeza do tanque para que non se propague o mosquito, e evitar así a propagación de enfermidades contaxiosas. Isto é vital xa que as comunicacións aos hospitais non son boas. Ademáis incide tamén na alta mortandade infantil.

Describiron os bateyes, que son comunidades que se formaron en torno á explotación da caña de azúcar, para que os traballadores produciran máis. As condicións de vida alí son moi duras:
-Vivendas que en principio estaban construídas para un só traballador son agora para unha familia de ata 10 persoas.
-Con moita sorte, varias vivendas comparten unha mesma letrina. Isto, sumado ao feito da escasez de auga deriva nun potencial problema de propagación de enfermidades.
-Os bateyes están divididos en distritos. En cada distrito hai unha colaboradora que vai polas barracas desparasitando, informando ás mulleres dos métodos anticonceptivos, poñendo vacinas...

Moitas gracias e moitos ánimos ás dúas!!!!


                                             3º ESO- B e D

No hay comentarios:

Publicar un comentario