viernes, 5 de diciembre de 2014

Introdución ao dereito cunha visita aos xulgados de Santiago de Compostela



O pasado xoves 4 de decembro, as alumnas e alumnos de 2º de Bacharelato de Ética e Filosofía do Dereito visitamos os xulgados de Santiago de Compostela, onde nos recibiu a avogada Leo Villar. A nosa intención era acudir a un xuízo sobre o tráfico de drogas. Nel observaríamos como transcorre o proceso xudicial penal. Ainda que o xuízo non se celebrou porque os implicados chegaron a un acordo, poidemos falar co fiscal xeral don Álvaro García, quen  levou casos relevantes como, por exemplo, o do Prestige.

Don Álvaro, moi amable, comezou por agradecernos a nosa visita xa que, como el dixo, "a xustiza pertence ao pobo". A súa intención era mostrar a transparencia deste órgano. Explicounos a función da fiscalía, a diferencia coa avogacía privada e a razón pola que el escolleu ser fiscal, o cal nos conmoveu moito. Por outra parte, tamén intentou concienciarnos acerca da violencia de xénero e contestou a todas as nosas preguntas sobre desafiuzamentos e narcotráfico internacional.

Dende o centro queremos agradecer tanto a invitación a un próximo xuízo como a amabilidade por parte da Súa Señoría, o fiscal e a avogada. Esperamos poder realizar unha nova visita pronto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario