martes, 29 de enero de 2013

O CASTRO DE BAROÑA.


O Castro de Baroña encóntrase situado nunha península rocosa na parroquia de Baroña, no concello coruñés de Porto do Son. Está declarado como Patrimonio Histórico.
Os Castros eran as antigas casas que estaban situados en lugares estratéxicos para poder defenderse o mellor posible no caso de que os atacaran. Estes son de forma circular ou ovalada.
O noso guía foi, o Arqueólogo Tito Concheiro, que é o encargado da restauración do castro de Baroña. Con él, podemos coñecer a historia e a comprobación das labores de restauración do castro.
O Castro está formado por un tipo de pedra moi dura, que é o granito, pero de este a oeste crúzao una veta doutro mineral moito máis brando. Coa acción do mar, a pedra vaise desgastando, e xurden as furnas. Según o arqueólogo, e moi probable que esta pequeña península, co paso dos anos, se divida en tres partes, a causa da acción do mar.
O Castro está rodeado de mar por tres lados, e ten un muro que o rodea que servía para protexer aos habitantes. Anque a primeira liña de defensa encóntrase antes do muro, trátase dun foxo de catro metros de ancho e tres de fondo, picado na pedra.
Unha información importante foi que neste castro se encontrouse un pendente de ouro e tamén se sabe que apareceu algún frasco de perfume, que estaba en estado sólido, algo habitual nesa época. Nesta primeira imaxe podemos observar o foxo situado antes da entrada ao castro, picado con picos a man polos antigos habitantes deste castro.

                                                                       Na seguinte imaxe, podemos ver a entrada ó castro, donde se pode apreciar que os carros que poidesenchegar nos pasarían desa porta, posto que presenta un par de escaleiras que impedirían o paso.

                                                                         


Un recorrido polo interior dos castros, amosa as seguintes imaxes:



                                     

No hay comentarios:

Publicar un comentario