miércoles, 16 de noviembre de 2011

Día da Filosofía

No 2005 na Unesco acordaron que o terceiro xoves de novembro de cada ano se celebrase o día Mundial da Filosofía. E niso andamos. 
A súa finalidade -dinnos- é animar aos pobos do mundo a compartir a súa herdanza filosófica e abrir as súas mentes a novas ideas, así como a inspirar un debate público entre os intelectuais e a sociedade civil sobre os desafíos que enfronta a nosa sociedade. 
Déixovos un enlace cun artigo xornalístico do filósofo Víctor Gómez Pin, no que relaciona este Día da Filosofía cos Dereitos Humanos, en particular co dereito a unha educación entendida como desenvolvemento da personalidade, na que a filosofía ten moito co que contribuir. Pois como nos lembra este autor: "La filosofía tiene sus problemas específicos, archivados en los grandes textos de su historia, pero tales problemas son el resultado de que el ser humano ha experimentado siempre una suerte de estupor ante la naturaleza y ante su propia existencia, estupor que le lleva a interrogarse, traduciendo sus vacilaciones y respuestas en conceptos y símbolos."

1 comentario:

  1. Qué sorte que se lle dedicara un día especial á nai de todas as cousas, a Filosofía. :) Oxalá se contemple cada día máis a súa maxestuosidade, e a súa importancia...

    PD: fai pouco dediqueille un apartado moi especial á Filosofía no meu blog, aquí vai a dirección por se estades interesados en votarlle un vistazo! : memoriesofayoungwriter.blogspot.com Un saúdo ás filósofas e filósofos de Filolandra!

    ResponderEliminar